O GALO E O RAPOSO


O GALO E O RAPOSO

         Un raposo que xa iba algo vello acertou a pasar por unha corredoira cando de súpeto, escoitou cantar un galo e déronlle ganas de atrapalo, pois pola voz potente que tiña debía de estar ben gordo.

         Meteuse entre uns millos pra que non o mirase e achegouse a onde estaba o galo. E sí que estaba cebado si, sería unha boa tallada si o daba pillado pois xa facía días que non pasaba pola súa gorxa un anaco de carne.

         Neso que estaba pensando que maña utilizar pra pillalo, cando uns rapaces que andaban os niños asustaton o probe do galo que votou a voar con tan mala sorte, que foi dar xusto diante das narices do raposo. Este, cheo de ledicia pola sorte que tivo botouse sobre del, meteulle os dentes na gorxa e coas patas empezou a desplumalo, e nesas estaba cando nun descuido o galo pudo soltarse e anque medio desplumado, puido voar hasta o alto dun penedo.

          O raposo, que polos seus anos xa non tiña forzas pra subir alí, berroulle dende onde estaba:

          – Xan Poleirán, ven pola roupa…

e o galo ríndose cara a él contestoulle:

          – Non che vou non, que Deus me da outra.

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s