A VODA DE XAN DO CAINZO CON MARIA DA SILVELA


A VODA DE XAN DO CAINZO CON MARIA DA SILVELA

“Casouse Xan do Caínzo

con María da Silvela;

Xan era un home de ben,

María unha trapalleira.

 

A voda foi en xaneiro.

Cando estes dous se casaron,

xente de sete parroquias

viñeron acompañalos.

 

Xan levaba unha pajilla

mesmo parecía un cubano,

chaqueta de pana negra,

pantalón de lenzo branco.

 

Un gran cinto de badana

frebilla de uro enchapado

regalado polo pedáneo

do aparello dun cabalo.

 

Os zapatos do Servizo

tíñaos moi ben conservados

con agulletes patelos

e tres rengleiros de cravos.

 

A noiva, hai que dicilo,

ía moi ben preparada

levaba longa mantilla

e boa saia estopada.

 

Rica chambra de picote,

medias de lá calcetadas

uns escarpíns de baieta

e zocas repeniscadas.

 

E pra que fora máis guapa

e pra que atención chamara,

puxéronlle unha peinetea

ao estilos das sevillanas.

 

Mais alí tamén dicían,

as xentes de lingua larga

que as vinte uñas pequenas

pola barriga lle andaban.

 

Ao acabar de casalos,

comezou a calloubada;

había puros de cuarta

que xa case non tiraban.

 

Houbo viño por garrafas,

pan duro e carne asada

e para postre trouxeron

roxóns de cocho e castañas.

 

Houbo baile toda a noite

do órgano amais da gaita

e tamén houbo flamencos

que tocaron a guitarra.

 

Houbo tiros e pelexas,

tamén houbo puñaladas,

un rapaz coas tripas fóra

pola xustiza berraba.

 

E tamén catro rapazas

alí che andaban tumbadas;

Eu na miña vida vin !

Debía se-lo Severiano

tocándolles o violín.


Non sei onde recollín esto. Teño anotado nun papel de estraza deses que había antes nas tabernas e co que se eovolvía casi todo.

Esta é unha composición descriptiva moi fermosa anque un pouco “macarrónica” para consolar a quen non asistiu á voda de Xan do Caínzo e María de Silvela:


Para min e a maioría
aos que non nos van as vodas,
se ó remate é algarabía
eu xa digo: vou a todas.


Coa guitarra polo medio,
moito viño e moito baile,
as pelexas non dan medo…
bailaría ata cun “fraile”.

sin-tc3adtulo3

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s