UN CANTAR PRAS RAPAZAS SOLTEIRAS


UN CANTAR PRAS RAPAZAS SOLTEIRAS

Vouvos contar un conto,

e que non vos pareza mal,

das rapaciñas solteiras,

en tempo de carnaval.

 

Todas andan moi contentas,

e con ganas de casar-e,

de atopar un home burro,

pra poñelo a traballar-e.

 

Elas cando están solteiras,

sonvos moi traballadoras,

e así que se fan cun home,

queren vivir de señoras.

 

El ten que levantarse cedo,

para gañar o xornal-e,

e ela quédase na cama,

queixándose de que está mal-e.

 

– Vaite a taberna correndo,

e dille a señora Fina,

que che dé un bó chiculate,

que me doe moito a barriga.

 

O tomar o chiculate,

ela queda confortada,

e despois dille ó marido:

¡Volve lixeiro pra cama!

 

E o atoparse os dous xuntiños,

logo governan a vida,

ela co cú pra baixo

i él co lombo pra riba.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s