DESDE CANDO NOS ROUBAN OS POLITICOS


DESDE CANDO NOS ROUBAN OS POLITICOS

Cando Dios Noso Señor andaba polo mundo, foron a velo os cregos.

—¿Que queredes?, preguntoulles Noso Señor.

—¡Diñeiro!, dixeron os cregos.

—Bueno. Terédelo, respondeulles

Dempois chegaron os frades, e tamén lles preguntou:

—¿Que queredes?

—Diñeiro, Señor.

—Chegades tarde, pois xa o levaron os cregos.

—¡Que se lle ha de facer! ¡Teremos pacencia!

—Pacencia teredes.

Logo viñeron os escribanos.

—¿Que queredes?

—¡Diñeiro!

—Non pode ser: xa o levaron os cregos.

—Pois… pacencia.

—Levárona os frades.

—¡Vaia un enredo!

—Eso teredes: enredos.

De seguida presentáronse os políticos.

—¿Que queredes? Díxolles Noso Señor.

—Querémoslle, diñeiro.

—¡Tarde piache! Levárono os cregos.

—Entón, pacencia.

—Esa, xa lla din ós frades.

—¡E bo enredo ese!

—Os enredos dinllos ós escribanos.

—¡Vaia un roubo!

—Pois… deso viviredes, que é o úneco que queda.

E dende entón, o diñeiro é dos cregos, a pacencia dos frades, os

escribanos viven dos enredos i os políticos do roubo.

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s