A PARELLA DE BOIS
Contan os mais vellos do lugar alá por unha aldeíña da comarca do Deza, de que xa fai moitos anos, un labrego tiña unha parella de bois que eran fillos da misma vaca. Naceran na casa, e criounos aos dous xuntos coa idea de que andando o tempo e cando se fixesen grandes e fortes, poder formar unha boa xugada con eles. A así foi. Xuntos traballaron toda unha vida pro labrego tirando do mismo carro, pacendo nos mesmos prados e dormindo na misma corte.
Pero o tempo non pasa en balde para ninguén e co andar dos anos, fóronse facendo vellos e perdendo as forzas que tiñan cando eran novos, polo que o seu rendemento xa non era o mesmo e xa non se miraban capaces de facer traballos tan duros.
E chegou o día en que o labrego decidíu vendelos para mercar unha xugada nova. Levounos a feira do 18 e dous feirantes distintos, mercáronos por separado. Ún iríase cara as Cruces e outro pras terras de Rodeiro.
Cando o primeiro feirante arrincou con ún dos bois tirando da corda que o suxetaba, este mirou pro seu compañeiro de toda a vida e cos ollos cheos de bagoas díxolle en voz baixa:
– Adeus meu compañeiro. Ata que nos atopemos de novo na feira dos coiros en Allariz.