A HORTA DO CREGO


ROUBAMOSLLE A FROITA O CREGO
Escóitenme os cabaleiros,
as mulleres que me atendan,
estadevos quietos rapaces,
que vai falar este menda.

Sobre un roubo acontecido,
nos frutais que ten un crego,
e que relata nunha copla,
este imitador dun cego:

Temos un crego na aldea,
ó que quero saudar,
que nos dí misa os domingos
e nas festas de gardar.

Un crego da vella escola,
de rosario entre semana.
que en vez de andar traxeado,
sigue vestindo sotana.

Ten este cura unha casa,
que agora dín ser rectoral,
que déronlla os veciños,
dunha maneira informal.

A casa ten unha horta,
pechadiña de frutales,
que son causa do conflicto,
e culpa dos nosos males.

Foi nunha noite de troula
desas coa cabeza tola,
cando lle entramos na horta
e mangamoslle a froita toda.

Logo notou a súa falta,
¡¡Nin que a tivese contada!!
E non tardou dúas misas,
e mandárnola ben dada.

Cando pasou onda nós,
xa nos botou a indirecta:
– ¡Vós sodes civilizados,
ou convertístesvos en secta!

Nós miramos de reollo,
esperando algo peor,
pero foi durante a misa
cando lle entrou a calor:

¡¡ Arrepentídevos, mangantes ¡!
¡¡ Devolvédeme o roubado !!
¡ Ou négovos confesión,
e morredes en pecado!

¡¡ Carallo como se puxo !!
Nin que perdera o sentido.
Menos mal que suavizámolo,
botando uns pesos no cepillo.

Que ten a froita do crego,
pra que a vaiamos roubar?
Si igual ou millor ca súa,
témola na casa a fartar.

Tan arrepentidos nos vimos,
durante todo aquel día
que non tardamos en facerlle
unha fermosa letanía:

– De roubarlle a fruta ó crego,
os culpables, ¿quenes son?
– Dos figos, os do Castelo
das peras os de Cadrón.

Pensamos cantarlla á noite,
pero decidimos que non,
pois tiña unha escopeta,
desas de doble cañón.

Si por unhas ou por outras,
se lle da por disparar,
a ver quen salta o balado,
para poder escapar.

Mellor deixar así a cousa,
e coa mellor das devocións,
levarlle algo de froita,
e que nos bote a bendición.

Que a mellor cousa señores,
pra levarse ben cos cregos,
é encherlle-lo cepillo,
e non roubarlles os pexegos.

E así rematou o conto,
señoras e cabaleiros,
boten moedas ó pucho,
porque llo teño valeiro.

O que conta este Cantar de Cego é totalmente certo. Como comprenderedes, non vou decir en que ano foi, e quen era o crego nin a parroquia. Foi unha noite dun sábado volvendo de un baile que había xa fai anos na Agolada. Daquelas non tiñamos coche e íamos e volvíamos andando. Na horta do crego había un pexegueiro cheo de pexegos deses colorados do pais que saben que rabean e a tentación foi moi grande pra un amigo, un curmán meu e pra min mesmo. Saltamos o balado que gardaba a horta e rematamos collendo todos os pexegos pois o arbol aínda non era moi grande, ademais de outras castas de froita. Tal foi a cousa que ate enchemos uns cestos (paréceme que eran dous) daqueles que tiñan unha asa, que estaban alí na horta e levámolos tamén, agachamos todo na palleira e tivemos froita pra unha tempada, agora eso sí, os cestos volvéronse a horta outra noite de mais adiante.
O caso é que nunca soupemos como diaños se enterou o crego de que fóramos nós os que lle roubamos a froita e a sorpresa aínda foi maior cando durante a misa do domingo, mirando pra nós e señalandonos co dedo ( estabamos no coro atendendo a misa) condenóunos ó inferno jeje. A berra na casa por parte do meu tio foi desas que non se esquecen moi facil.
Deus o teña na gloria, non era mal home pero apodrecíanlle as mazás e non daba unha a ninguén así que eu sempre considerei o roubo coma un castigo de Deus hacia el.
A pequeniña letanía que aparece polo medio:
De roubarlle a fruta ó crego,
os culpables, ¿quenes son?
– Dos figos, os do Castelo,
das peras os de Cadrón.
fíxena poucos días despois coa idea de ir a cantarlla debaixo da ventana pola noite, pero nunca nos atrevemos a facelo. O cantar de cego fíxeno anos despois.

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s