ROMANCE DE BLANCAFLOR E FILOMENA


ROMANCE DE BLANCAFLOR E FILOMENA

Estaba a señora Anuncia,

arrimada a unha cancela,

con dúas fillas fermosas,

Blancaflor e Filomena.

 

E neso que pasa un pastor

que se enamora de unha delas,

cásase con Blancaflor,

e morre por Filomena.

 

Estando xa casado,

foise o pastor a súa terra,

e pasados un par de anos,

volve a casiña delas

 

– Boas tardes teña, sogra.

– Boas tardes teñas xenro,

¿Cómo queda Blancaflor?

– De parto queda  señora.

 

Empezalle a suplicar,

que lle mande  a Filomena

– A Filomena non cha mando

Porque ainda é unha nena

 

-Mandema señora,

que a levo con coidado

que a levo por cuñada

toda xuntiña ó meu lado.

 

-Entra Filomena no cuarto,

vistete de seda negra

que seica te manda buscar

a túa irma blanca e bella.

 

Na mitade do camiño

o pastor fixo uso dela,

e pra que non o contara

fíxolle un roto na lengua.

 

Ó pouco pasou un veciño,

e por señas lle falou,

faga o favor de levarlle,

esta carta a Blancaflor.

 

Blancaflor leu a carta,

 do disgusto mal pariu,

e logo empezou a berrar

que hasta no ceo se oiu.

 

-Apresen o meu marido,

por malnacido e traidor,

e a partir do día de hoxe

non serei mais Blancaflor.

Imagen

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s