NA CIMA DO PENEDO


NA CIMA DO PENEDO

Dende alí tocaba o ceo.

Dende aquel penedo enorme

no medio do Castelo.

 

Cantas lembranzas de neno,

cantos xogos de cativo,

polo día as agachadas

pola noite as escondidas.

 

Alí pasei moitas horas,

coa miña xente e cos amigos,

o carón daquel palleiro

que se facía de herba seca,

e no que durmían os cás

nas noites de duro inverno,

e nas xiadas mañás.

 

Volvín a respirar seu aire,

e aquel arrecendo da aldea.

E volvínme a perder na noite

ata apagarse as estrelas.

 

Escoitei o rachar da xiada baixo os pés,

e volvín a ver o fume nos tellados,

como buscaban o almorzo algúns gorrións,     

e fumegar as pedras nos balados.

 

E alá no fondo do souto,

onda os castiñeiros mais vellos,

escoitei cantar os pombos,

os alalás da miña xente

arrincando os nabos no nabal…

e o cantar dos carros,

e volvín a ver os bois e as vacas,

e as galiñas, e os cás.

 

Canta lembranza e canta vida,

labrada naquela pedra,

o carón da miña casa,

na aldea.

(O penedo. Unha enorme pena  ó carón da casa onde nacín no Castelo,

unha aldeíña da Parroquia de Cadrón en Lalín, e onde pasábamos

tantas e tantas horas os meus amigos mais eu)

España, Galicia, 1978-1982Spain, Galicia.

Esta foto do holandés Ton van Vliet que saquei do Blog AQUAM LATAM, está sacada dende a cima do penedo, do que aparece un anaco na parte inferior ezquerda da foto. A casa onde nacín é a da ezquerda, a da chimenea é a de García e a do fondo, a de Migueles

Imagen

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

Advertisements

2 thoughts on “NA CIMA DO PENEDO

  1. Coñezo o sitio Pepe, de unha vez que fun contigo alí fai xa moitos anos, ¿lembraste? levamos unhas cervexas e estivemos alí contando contos casi ate o mencer.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s