O TRASNO DA ESPITEIRA


       O TRASNO DA ESPITEIRA

      Aquela noite, Manoliño da Portela estaba sentado o carón do lume da lareira repasando un libriño que tiña nas súas mans e que falaba das meigas, trasnos e retrasnos que abondan na nosa terra, cando de súpeto….ZAS!!!, abriuse a porta da espiteira acompañada dun forte chirrido que fixo tremer os cuxos que estaban no pesebre. Tan pronto se abriu a porta, saíu unha figura estrana, fea e media moura dando fortes alaridos….

        – Aaaaahhhh, aaaaahhhh!!! Son o trasno da espiteira e veño para asustarte e que non poidas dormir pola noite co medo… aaaaahhhh –berraba cada vez con mais forza.

        – Que vas ser óooohhh, -díxolle Manoliño ao trasno-. Ti non és o trasno da espiteira que és o trasno da artesa.

        A estrana figura que saíra da espiteira, quedouse paralizada ante tal comentario e dándose de conta de que o rapaz falaba moi en serio e que non se espantaba coa súa presenza, dixo:

        – Ai, non meniño, non. Eu sonche o trasno da espiteira, así que un respeto, eh? Ou vasmo decir ti a min…

        Monoliño, empezou a pasar as follas do libro que tiña entre as mans, ergueuse e foise ata a porta da espiteira onde se atopaba o trasno coa boca aberta e dixolle:

        – E logo? Vasme decir ti a min que eres o trasno da espiteira.

        – Pois claro que cho digo…a ti e a calquera. ¡¡¡Son o trasno da espiteira!!!

        – Pois mira praquí pro libro, aquí o tés –dixolle ensinando uns dibuxos de trasnos- ti és este de eiquí, ¡¡¡o trasno da artesa!!! Aquí estás retratado e dio ben claro “¡trasno da aaar-teee-saaa!”.

        O trasno ó ver que o cativo tiña razón púxose moi triste pois toda a súa vida pensou que era o trasno da espiteira e resulta que acababa de decatarse de que non era da espiteira…¡¡¡era o trasno da artesa!!!

        O trasno sentíu tal tristura que hasta escomenzou a chorar e todo.

        – Non chores ó !!, non ves que estás mellor sendo o trasno da artesa, pois tes mais sitio para estar que na espiteira, ate podes pasar o tempo amasando na fornada e todo.

        Pero o trasno non se daba consolado. Volveuse pra espiteira e dixolle a Manoliño:

         – Moitas grazas amigo por sacarme de tal erro, pero mellor volvo pra espiteira pois levo tantos anos metido aquí que xa é a miña casa de sempre.

         E foi tal a vergoña que sentíu que nunca mais salíu da espiteira para asustar aos cativoss.

Imagen     

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s