O ARRIEIRO E O CURA


O ARRIEIRO E O CURA
Daquela cando as parellas de bois andaban o carro e o arrieiro canda eles contan que un tal Saturnino daló d´O Val, seica de San Adriano fora a un prado sacar unhas toradas ca súa parella.
O bo do home chegou alí cargou ben cargado o carro pois os bois ben poderian co peso.
Cando Saturno, xa diante do carro deu orden os bois de sair, ca aguillada apollada na dobla, viu como ainda que por moito enforzo que fixeran non eran quen posto que o prado era de rega e co que peso que lle puxera enterrarase na lama.
Andaba o home pensando en que facer cando pola carrilleira apareceu o señor cura que, como bo home pendente dos seus ferigreses preguntoulle o carreteiro que pasaba e se podia axudar. Saturnino aborrecido dixolle que el ben sabia como sacalos pero que necesitaba que el marchara de alí. O señor cura algo extrañado co que lle acababa de decir colleu camiño e seguiu.
Saturno colleu a aguillada, puxose detrás da parella e a vez que picaba os animais empezou a baixar santo un detrás doutro(razón pola que non podia estar o cura diante), pero o fin, que era o seu obxetivo os bois sairon da lameira pero o malo foi que con eles so saleu o chedeiro que rompera pois o resto do carro non se movera nin un pouco do furado.

(Contado por un amigo do grupo do Facebook “ETNOGRAFIA MINDONIENSE”. Na foto aparece Eugenio Otero sacando lousa da canteira de Valiñadares)

Imagen

Advertisements

2 thoughts on “O ARRIEIRO E O CURA

  1. Iste lémbrame outro conto que creo contaba Carlos Díaz “O Xestal” e que falaba dunha parella de bois que sempre traballaron xuntos pró mesmo dono. Pasados os anos e reventadiños de traballar, o amo levounos á feira pra vendelos pois xa non lle sacaba moito rendemento. Alí, na feira, foron comprados por separado e cando marchaban co primeiro, este mirou patrás pra despedirse do seu compañeiro de toda vida e con baguas nos ollos díxolle -Adeus compañeiro, xa nos veremos na feira dos coiros en Soutomaior-

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s