DOUS ARRIEIROS


DOUS ARRIEIROS

Unha vez eran dous arrieiros. E iban de camiño por unha aldea. Un levaba unha mula e o outro un carromato.

E estaban sacando un defunto da casa e a muller decía:

––¡Ai, Manuel, que pena tan grande teño! ¡Ai, meu homiño querido, que vou facer sen ti!

Entonces dixo un dos arrieiros, o que levaba a mula:

––¡A pobre da muller ten boa pena!

E díxolle o outro:

–– Qué xogas e esta noite vou durmir eu con ela.

––¡Que dis, ho!

––¿Xóga-la mula?

E díxoll’el:

––¡Xogho, ho!

A pola noite, o home foi petar na porta da viuda e díxolle:

––¡Ai, muller! ¿Non terá un sitiño pra pasa-la noite? Sonlle de lonxe e mañán teño que ir a vila.

––¡Non, home, non teño! sólo teño a miña cama.

––¿E podo quedar aquí na cociña? ¡Mellor que sen tellado…!

Dixo:

––Bueno…, pois se está conforme con eso…

E cando estaba deitado na cociña, dixo o home:

––¡Carallo! ¡Ai, que friaxe vai!

E díxolle ela:

––¡Ai, home! ¿e logo ten moito frío?

––¡Teño, teño, teño moitísimo frío!

––¡Bueno, pois veña logo para aquí, para un ladiño da cama!

––¡Ai non! Non a quero molestar.

––¡Veña, home, veña logo praquí!, non vaia enfermar co frío.

E vai a muller e meteuno na cama, pero ela separouse del e púxose nunha esquina da cama. E el seguía dicindo:

––¡Ai, que frío! ¡que frío tan grande teño!

––Pois achéghese, home, achéghese algho máis pra aquí.

E o home foise acheghando a ela e, claro, deulle a tentación e (…). E a muller, entón, dixo:

––¡Ai, meu homiño! ¡Ai, meu homiño, que pronto te esquecín!

E o amigo, o arrieiro da mula que estaba escoitando, dixo:

            ––¡Ai que carallo, e perdín a mula! ¡ ¡Serei burro!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s