A VIOLACION DE FILOMENA


A VIOLACION DE FILOMENA

Voulles a contar un caso
que é dino de comentar
que pasou a Filomena
un día de Navidá.

 

De Froxán iba pró Mazo

un domingo moi contenta

porque levaba o noivo

acompañándose dela.

 

No souto da Lanzadiña

encontrouse co enimigo

i eranche cinco mozos

que lle iban rompe-lo virgho

 

Elí foi a hora triste

onde se viu apurada

que aqueles cinco salvaxes

todos querían montala.

 

Unhos botábanlle a mao

i outros decían: deitala

i a pobre de Filomena

gritaba desesperada.

 

Como cinco lobos feros

seguían botandos-a ela

ela caeu por debaixo

i o Adán por ribadela.

 

O Adán era o mais vello

i era o mais creminal

foi o que lle rompeu as bragas

aquel cara de animal.

 

Os outros catro eran novos

e axudábanlle a agrarrala

como eran mais pequenos

non poideron suxetala.

 

Escapóuselles das maus

non a poideron vencer

botaron todos tras dela

non a poideron coller.

 

Logo agarráronlle a roupa

que nun paquete levaba

facendo que lla levaban

para ver si esí a pillaban.


Ela iba dilixente

podíache correr ben,

que solo levaba o viso

ión cachiño de sostén.

 

Eu non sei que parecía

ver aquel día na serra

a Filomena desnuda

ios puchinos detrás dela

 

Vaia caso mais chocante

qué dino de comentar

que parecían cadelos

qu’están sin cevelizar.

 

Ai Filomena querida

que co susto que levou

empezou a correr na serra

i-asta o Mazo non parou.

 

E cando chegou o Mazo

chegouse toda asustada

e todos lle preguntaban

que fora o que lle pasara

 

Ela contándolle todo

dándolle ben os detalles

e d’elí a outro día

a Folgoso a dar parte.

 

Ó outro día seguinte,

acompañada da tía

acercáronse a Folgoso

a dar parte enseguida.

 

Os guardias lle preguntaron

que fora que lle fixeran

dixo que non o sabía

pero que algo lle meteran

 

Chamáronos o cuartel

e do cuartel ó xulgado

i o que non iba chorando

iba medio desmaiado.


O comandante lles dixo:

este axunto hai que arreglalo

denlle tres mil pesetas

e asunto terminado.

Imagen

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s