O BOTICARIO E O PARVO


O BOTICARIO E O PARVO

Había  unha vez un home ó que tiñan por medio aparvado. Entróu na botica, e díxolle ao boticario:
-¡Ai, señor, cántas moscas ten por aquí!
-Pois mira – díxolle o boticario-, por cada mosca que mates, douche un peso.
O home colleu unha estaca e a estacazo limpo matou unhas trinta moscas.
O boticairo iba collendo as moscas unha por unha e mirándolles o cú iba decindo:
-Esta é “mosco”.  Separaba outra, e dicía igual: Esta é “mosco”. E así todas. Ningunha era mosca, todas eran “moscos”. E claro, acabou a conta e non lle dou ningún peso o probe do home o tempo que se fartaba de rire.
Pero aquel paisaniño tiña colmeas, e todos os anos mandáballe a proba do mel ao boticario. Así que cando chegou a hora de mondar as colmeas e sacarlles o mel, foi ás cortes e colléu un pouco de bosta das vacas e misturoullo co mel que lle iba a mandar ao boticario.
Pasóu o tempo e, un día que pasou o homiño por diante da botica, preguntóulle ao boticario se lle gustara o mel.
O boticario contestóulle:
-Home, esta vez non estaba nada bon. Hastra parece que sabía a merda, con perdón.
-E que a tiña  – díxolle o medio parvo. Pero, mire señor: o que lle sabe separar as moscas dos moscos, debería tamén saber separe a merda do mel.

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s