TRINTA ANOS EN CADA PERNA


TRINTA ANOS EN CADA PERNA

Un servidor de vostedes,

aquí está pra lles contar

o que nos meus arredores

andan moitos a falar;

 

¿Como é posible, os meus anos,

manterme feito un pincel,

e ter mais marcha no corpo

que o Bolero de Ravel?

 

Pois como sabedes moitos

hoxe son algo mais vello,

e antes de que mo pidades,

vouvos dar uns bos consellos.

 

Pra manterse coma min,

non fan falta moitas artes,

mais ben celebrar os venres,

é darlle duro ata o martes.

 

Hai que cantar e bailar,

pra sentirse satisfeito.

Eu cantei moito de novo,

e bailando, dinlle un xeito.

 

Pero a danza, meus amigos,

sae do mais fondo da panza

e aquel que non come ben,

non á ter ganas de danza.

 

Eu nacín no mellor sitio,

-nin que o houbese escollido-

pra disfrutar da boa música

e estar sempre ben mantido,

 

Comín tortillas de Laro,

carne ó caldeiro en Dozon,

paellas en Cortegada,

e en Bermés un bó xamon.

 

Bós cocidos en Lalín,

e a mellor carne richada,

cuncas de caldo ensopado,

e  porquiños na Agolada

 

Platos de caza en Rodeiro

e das Cruces, uns capóns,

empanadas na Bandeira,

e en Silleda bos lacons.

 

Tartas varias do Castelo,

feitas na Casa Casares,

larpeiras e lambetadas,

e  melindres dos de Abades.

 

Nunca xantei a pau seco,

que ó corpo hai que regalo,

con bó viño do Ribeiro,

do de Leiro ou San Amaro.

 

Blanco ou tinto, da o mismo

novo ou vello, que mais dá,

hai que bebelo na noite,

e mexalo de mañá.

 

Usae as cuncas mais grandes,

e beber todo o contido.

Tragos longos… ¡¡ respirade !!

¡ non perdades o sentido ¡

 

E despois destes consellos,

vouvos dar a despedida:

¡¡ Ide cantar ás tabernas,

e disfrutade da vida !!

 

E como non todos os días,

se cumplen sesenta anos,

ide dando os parabéns,

e mandando os agasaios.

 

E xa vou ir rematando,

porque ó conto foi moi longo.

Voulle  mandar unhas cuncas,

valeirándoas ata o fondo.

barcode2-150[1]

Imagen

 

Advertisements

7 thoughts on “TRINTA ANOS EN CADA PERNA

  1. PRA PEPE POR TRINTA EN CADA PERNA… E PICO.

    ¡Chispa te coma, meu vello!,
    Agora si que a fixeches
    Co que acabas de escribir
    Qué farta de rir me deches.

    Mira que lle das xeito
    A esto de estrofar
    Que para decir que vas vello
    Te fixeches un cantar.

    Pois si alá van sasenta,
    Queira deus e non se esqueza
    De deixarte outros tantos
    Por eiquí e polo Deza.

    Non me vou alongar máis
    Pra non aburrir a peña
    Que logo van decir por eí
    Que lle damos moita leña.

    Pola miña parte, amigo,
    Non perdas ise vicio
    De seguir cumprindo anos
    Con boas mañas i arteficios.

    Que si os vas cumplindo cantando,
    Bebendo e danzando
    Para que ti balies eu toco
    i esí os iremos levando.

    Parabéns entón meu vello
    Que si ti me vas gañando
    Os que vas deixando atrás
    Eu os irei apañando.

    I agora vou rematar
    Brindando pra contigo
    Caquel cantar que ti sabes
    Que decía no seu contido:
    “Veña un trago compañeiro,
    Si non hai pan…… veña viño”.

  2. Feliz cumpreanos Pepe
    (Cántese como a Carolina)

    Cando Pepe cumpre anos,
    o pulpiño vai temblando

    Vai a feira a celebralo
    Vai correndo non andando

    ¿Comiches o pulpiño?
    Comín, si señor

    E dime que bebiches
    Aquarios de Limón

    Aquarius de limón,
    Aquarius de limón.
    Aquarius de limón.

    ¿Cumpriches moitos anos?
    Uns cantos si señor.

    Que cumplas moitos mais.
    Que cumplas moitos mais.
    Que cumplas moitos mais.

    Moitos moitos mais.

  3. UN PEQUECHIÑO POEMA FEITO POR UNHA SOBRIÑA,
    QUE NA MITADE DA SÚA CARREIRA MÉDICA,
    FIXO UN RECESO NO CAMIÑO,
    E DEDICOUME UN POEMIÑA.

    Pepe, Pepiño, Pepon,
    xa sabemos que es un lambon,
    30 anos en cada perna
    e segues a ser o rei da taberna.

    Es unha gran persoa
    e hoxe douche a miña noraboa,
    a cumprir moitos mais
    e manterse coma un rapas.

    Mais non saio do meu abraio
    que sigas pedindo agasaio,
    vai aforrando po mes de xaneiro
    que o meu vaiche sair careiro.

    Non son a mellor poetisa
    e tampouco estou escribindo con prisa,
    so espero que che guste
    a miña felicitacion de “cumpre”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s