SECOU O MEU LOUREIRO


SECOU O MEU LOUREIRO

A beiriña dun camiño,

alá preto de onde eu son,

había un señor loureiro,

qe fai dias que secou.

 

Non se sabe dunha festa,

na que non participara,

dándolle sabor ó marisco,

ou ós chourizos na vara.

 

Cada ano que pasaba,

viaselle mais fermoso,

dende a mañán hasta a noite,

verde, florido e frondoso.

 

Cantaba o merlo nas polas,

e facía a rula o seu niño,

pousaba a bubela nél,

ó carrizo e ó estorniño

 

Dáballe sombra ó camiño,

e tamén ó camiñante,

xa ben fora un arrieiro,

un labrego ou un feirante.

 

No inverno, mil treboadas,

mil calores polo vran,

na primavera mil flores,

caídas no outono ó chan.

 

Testigo de mil amores,

padriño de uns cuantos nenos,

que á sombra das súas follas,

boas esfollas se fixeron.

 

E agora, meu loureiro,

alonxado i esquencido,

só queda de ti o tronco,

todo seco e mal ferido.

 

E lémbrasme aquel conto,

que se conta pro meu mal,

no que se compara o árbore,

que se pon polo Nadal,

co home que vai vello,

a hora de funcionar.

 

E a comparanza consiste,

si é que non recordo mal,

en que o cabo da súa vida,

os dous han de rematar,

co pau seco polo tempo,

e as boliñas pra adornar.

Escribíuno;   Julio González Álvarez

Doulle uns retoques;  José iglesias Fernández

(Era visto. Só a min se me ocurre sacarlle unha foto ó loureiro

que secou fai uns días e andala enseñando.

¿O resultado? Pois nada, que ún presume de ter bós amigos

 e despois pasa o que pasa)

Imagen

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s