UNHA ANÉCDOTA DE MINI E MERO


UNHA ANÉCDOTA DE MINI E MERO

      Aproveitando un serán de contos e cafés nunha xuntanza con Mini e Mero en Marín, e  sendo eu de onde son, Mero contoume unha anécdota de Mini que vos conto de seguido.

      Eu son de Lalín,  a mitade da Parroquia de Muimenta e a outra mitade do Castelo, aldea que perteñece a Parroquia de Cadrón e que se atopa na estrada que une Lalín coa Agolada.  

      A un kilómetro mais ou menos de Cadrón cara Agolada, atópase a Ponte Vilariño sobre o Rio Arnego. Alí hai unha curva moi perigosa, na que xa houbo unhas cuantas mortes e na que non hai inverno que non se vaian pra cuneta media ducia de coches, pois é desas curvas sombrízas onde a xiada amontóase dun día pro outro.

      O conto é que unha noite de fai uns anos, e cando Mini e Mero ian de volta pra Lugo, atopÁronse nesta curva con un coche na cuneta coas rodas mirando pro ceo. Detiveronse pra axudar a quen estaba dentro. Había só un home que resultou que se atopaba ben, anque un pouco atolandrado e asustado polo golpe.

      Entre os dous, sacárono como poideron, e o probe, en canto se viu fora, levantou os ollos pra mirar pros seus salvadores e tan pronto lle deron os ollos en Mini, debeu pensar que había chegado ó ceo porque berrou:

 – ¡¡HOSTIAS!!  ¡¡SAN PEDRO BENDITO!!

(Por si hai alguén que non o coñece, e non entende o conto, Mini é o que está conmigo na foto… o delincuente da dereita vamos)

Imagen

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s