ROMANCE DO GRILO COXO


ROMANCE DO GRILO COXO

Sabes o do grilo coxo,

que nas longas noites de lúa

era el tan cantareiro

ata sacarse o sombreiro

 

Pois nunha noite de trono

desas das que meten medo,

estaba el na cantarela,

da de tocalo violín

coas súas patas traseiras.

 

E comezou a chover,

tan forte e de tal maneira,

que se puxo a reverter

a súa casa de terra,

no furadiño cativo,

feito detrás da palleira,

onde el tanto cantara,

toda aquela primavera.

 

Así que estaba tan triste,

por recibir tal molleira,

e no saír para fora,

fuxindo de tal molleira,

perdeu a súa patiña,

que lle arrancou unha pedra.

 

O topar cun sapo torto,

deses que son arroutados,

díxolle moi estirado,

con fala de poucos tratos.

 

¿Onde vas ti, pailán

nesta noite de recato?

Estou soliño na vida,

sen pata e sen casiña.

 

Pois coa fame que eu teño,

comeríate sen medo.
Díxolle aquel sapo torto,

sen recato alí no horto.

 

Eso non te atreverás,

que son un grilo coxo,

e xa non podo tocar,

¿non me iras a papar?.

 

E a mín. que máis me da,

teñas ou non teñas pata,

na miña gorxa, ben pasas.

Pensa que diante da fame,

non ai coxo que me ate.

 

Tesme que dar máis motivo

para poder eu deixarte,

se xa non podes ti tocar,

e es un grilo sen arte.

 

Eso fáltache por ver,

díxolle o ser miudiño,

eu sempre fago camiño,

son músico por destino,

e toco en calquera parte.

 

E encomezou a tocar,

coa de atrás e coa de diante,

aquela longa sonata,

que tíñase en dúas patas,

sen botar falta da cuarta.

 

E o sapo engaiolado,

e torto de nacemento,

de escoitar tal sonata,

deixouno libre o talento.

(Esto romanciño, recitabao o Cego de Rodeiro, o señor Dositeo Vaz.

Tiña a retaíla dibuxada nunhas follas de papeis de estraza atados con

un cordeliño. Cando falleceu o cego, dixéranme que aquel folleto do

cordel levárano pro museo etnografico de Liste no Mosteiro De oseira xunto

con outras cousas súas..

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s