PARRAFEO NO FIADEIRO


PARRAFEO NO FIADEIRO

Cuando vou ao fiadeiro

non levo fuso nin roca,

vou pra toca-lo pandeiro

que esta noite a min me toca.

 

E ti inda non volveche,

Da noite dos inocentes;

fuches curtega-la moza,

deuche coa porta nos dentes.

 

¡Ai, Pepiña querida!

dime por qué non me queres

e se non vai pr’o muíño,

que o que sobran son mulleres.

 

¡Ai, Xacobo, condenado!

que onte estívente escoitando

e decíaslle o mismiño

á Farruca do Fernando.

 

Foi certo canto lle dixen;

xa que ouviches, non cho nego;

xogo por pasa-lo tempo

e pasa-lo punto cego

 

Non te vaias do meu lado,

non me fagas padecer

porque se tu non me queres,

deixa que poida morrer.

 

Morrer tu sendo tan novo,

inda tes todos os dentes,

dás un disgusto na casa

e traballo aos teus parentes.

 

Maripepiña querida,

non te vaias do meu lado

porque se tu non me queres

xa me vou pondo chifrado.

 

Dios me libre que eso sea

nin que tal desgracia mande

que por máis que non hai coidado

que pra ti xa vas grande.

 

Cálate, vaite calando,

que xa te mandei calar;

xa te vin ir cara ó monte,

levar os cas a ladrar.

(Moitas grazas a José Casal Rodriguez da Peroxa en Ourense,

por ensinarme esta fermosa cantiga nunha noite de cantigas e viño

na “Eira da Vella” en Rebordelo  – Cotobade

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s