MARICA E ANDRÉS


 MARICA E ANDRES

      Nunha das nosas aldeas, había unha vez un matrimonio moi ben arrexuntado, exemplo de amor e confianza entre ambolos dous. El Chamábase Andrés e ela Marica. Andrés decidiu un día comprobar de primeira man si de verdade Marica o quería e soltoulle a pregunta:

     – Marica, vou morrer esta noite e vas quedar ti soa. Hasme gardar loito hasta que morras ti, ou vaste arrexuntar con outro.

     – Vaia cousas que dís Andrés, como vas morrer si aínda és novo e quédanche moitas cuncas de ribeiro por beber.

     – Pois vouche morrer Mariquiña miña, seicho de certo, que acabo de ver a Santa Compaña enriba da porta.

     – ¿Enriba da porta? ¡Arrecona Andrés!, logo tanto pode vir por ti coma por min.

     – Ven por min Mariquiña, ven por min  que no medio dela iba o noso difunto compadre o Antón de Laxoso e mirando pra min sinaloume co dedo e dixo: Esta noite en canto cante o galo, hemos de vir a por ti.

     – Pois non te preocupes Andresiño que voute meter no forno para que non te atope e voulle poñer a porta como si se estivera facendo a fornada. Así cando veña e non te vexa, marchará deixandote quedar pra outro día.

     E así quedaron en facer a cousa. Pero despois de dito o conto, Andrés, que era mais desconfiado que o can do Dorindo que non pillaba as lebres por si eran gatos, pensou para sí, “arre carallo, a ver si me vai coller unha soberbia e ven a morte de verdade en canto cante o galo” Sin pensalo dúas veces colleu o capón negro que tiña no galiñeiro e marchou con el ó río, botouno na auga para que afogase e dou volta para casa.

     En canto chegou a noite fixeron como habían falado. Andrés meteuse no forno e Marica púxolle a porta ben embostada, como si estivese a cocer o pan.

     Pero alá pola media noite, Marica sentíu uns ruidos estranos na eira, asomouse pola ventana e alí estaba o capón negro todo mollado e representando unha triste figura, que coa noite escura como estaba, Marica pensou que se trataba da morte misma que viña buscar a Andrés.  Correu coma lume de carozo a abrir a porta e empezou a berrar mirando pro galo:

     – ¡¡Morte negra!!  ¡¡Morte negra!!  ¡¡Pasa e mira no forno!! ¡¡Non vaias marchar sin antes mirar no forno, morte negra!!

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s