EU FUN A FEIRA DE SAN SADURNIÑO


EU FUN A FEIRA DE SAN SADURNIÑO

Eu fun á feira de San Sadurniño,
enchinme de viño, de rir e troular,
bailei a muiñeira, brinquei coas nenas
e cun pao pequeno, din paus a mallar. 
AI LA, LA, LA, LA…

 

Desfíxenlle o baile, rompinlle o pandeiro

e os mozos do Outeiro viñéronse a min:

e tonto non fixen no campo enseguida,

das miñas mauciñas dous palmos lle din.
AI LA, LA, LA, LA…

 

Loitei un anaco cos tres de Liñares,

tumbeinos ós pares sen nada nas mans;

e cun puñetazo dos meus cutrumellos

chimèille os queixeiros ós tres de Bardaos.

AI LA, LA, LA, LA…

 

Sentín o aturuxo no medio da ponte

que ata o meu monte sentín que estrombou:

deixeime de andar e apretei a manciña,

pois cara a min viña quen aturuxou.

AI LA, LA, LA, LA…


E vin unhos homes no monte correndo

cus paus levantados coma unhos ladróns;

despois de mallarme xunto ao pasadoiro

puxéronme en coiros, aqueles bribós.

AI LA, LA, LA, LA…

Non volvo a feira de San Sadurniño

nin bebo mais viño nin volvo troular,

nin bailo a muiñeira nin brinco coas nenas

nin co meu pauciño dou paos a mallar

AI LA, LA, LA, LA…

Vou pra furgoneta pintada de negro

cunha liña roja de adiante a tras.

Había catro homes, un tolo, un negro,

un vello, e un guapo…o equipo A

AI LA, LA, LA, LA…

Se vas á festa da Baña, virás aburrido

comerás casñas asadas e leite fervido

E ron, e ron, e ron, e ron…

e roncalle o corazón

Ron, ron, ron…

Se vas a Sarandón á festa do viño

has de volver a rastro polos camiños

E ron, e ron, e ron, e ron…

Que eres un borrachón, que eres un borachón

na festa de Sarandón

Ron, ron, ron…

EU FUN A FEIRA DO SAN SADIRNIÑOcropped-sin-tc3adtulo4.jpg

Advertisements

2 thoughts on “EU FUN A FEIRA DE SAN SADURNIÑO

  1. A Taberna do Cuco na Parroquia de Santa María de Vellechamábase “A Palleira”. Que gran home anque pequeño de estatura. Eu chamáballe sempre Don Claudio e él decíame “Quen me chama Don Claudio ti ou o viño que levas dentro”. Nunca vin tanta xente nun enterro, morreu alá polos 90, non me lembro do ano. A súa canción “O paraguas do Xosé” é un auténtico himno en Velle.Eu iba dende Pontevedra ou Lalín os domingos pola mañá que era cando as xuntanzas de amigos eran mais grandes, poñía un pulpeiro diante da bodega e veña leria.

  2. Hai unha estrofa mais que non está posta na partitura e que me manda un amigo veciño de A Peroxa:

    De dar paus coa miña moquiña,
    pra Santa Mariña direito marchei.
    A noite acercouse de lúa clariña,
    mollando a gorriña pra diante tirei.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s