ROMANCE DE XAN QUINTAN (Tamén Xan Ghindán)


ROMANCE DE XAN QUINTAN

Xan Quintán querse casare

non ten a muller buscada

foille face-lo amor

a filla da tia Xuana.

 

Boas noites, tía Xuana,

¿Dónde lle vai a rapaza?

Vai busca´lo ghas prá noite

e xa me parece que tarda

 

E logo entrou a nena

pola porta para dentro.

Boas noites Xan Quintán,

traiote no pensamento.

 

E tu contarás mentira,

ai nunca Dios che me dera,

quizá non querías quecere

ahora para primavera.

 

Ben sabes que eu son soliño,

non teño con quen partir,

eu riquezas non as teño,

pero habemos vivir.

 

Teño unha cabra mui boa
e tres ovellas preñadas,

i-onha galiña que pon

os oviños pras torradas.

 

A cabra éche moi boa,

trouxome catro cabritos,

e en canto dous deles maman

os outros andan a brincos

 

Vendinos por vinte reás,

que teño gardados pra voda,

se me queres dimo axiña

non me andes facendo a burla.

 

Eu casar, ben me casaba,

pero tamén che ei de contar,

quero facer unha saia

e non teño lá pra fiar.

 

Teño os zoquiños rotos,

i un pano todo furado,

si tes cuartos comprame ún,

e casaremos de contado.

 

Fixeron as municións,

como é uso acostumbrado,

e levaronllas o cura,

que as lese de contado.

 

I o cura leeullas logho

no ofertorio da misa,

i a xente que llas oiu,

toda se fartou de risa.

 

O padriño e a madriña,

o cura e o sacristán,

encheronse de risa

cos feitos de Xan Quintán.

 

E a nena deulle vergonza,

i-afellas inda servía,

e cuando van para casare

díxolle que non quería.

 

O probe Xan quedou teso,

como as corres dun canizo,

e dou a volta para casa,

tan siquera adiós lle dixo.

 

Porque a nena que é bonita,

e ten o corpo ben feito,

hai que lle mirar as obras,

que lle falen os seus feitos.

 

ROMANCE DE XAN GHINDAN

Xan Ghindán queríase casar, 

e tiña a muller sin buscar, 

e ándalle facendo o amor 

á filla da tía Xoana.


–Boas noites tía Xoana,

onde lle vai a rapaza?.

–Vai buscar o gas pa’ noite,

xa me parece que tarda.

 

Logo chegou a rapaza

pola porta pa’ dentro.

–Boas noites Xan Ghindán,

tráigote no pensamento.

 

–Pois ti diralo de risas,

pero eu dígocho de veras.

Eu queríame casar

e véñoche facer o amor.

 

–Pois eu tamén che hei de dicir

eu tamén che hei de contar,

quero facer unha saia

e teño a la por fiar,

 

–Teño unhos zapatos rotos

e o pano todo furado,

se tes cartos cómprame outro

casémonos de contado.

 

Fixéronse as municións

como uso acostumbrado.

Lévanllas ao señor cura

que as lea de contado.

 

O cura leu as municións

no ofertorio da misa

e a xente que as oíu

tamén lle servíu de risa.

 

Ao cura e ó sancristán

ca risa que lles deu

caeulles o libro da mao

e bateuse contra o chao.

 

Xan Ghindán quedouse teso

coma as varas dun caínzo,

deu a volta e camiñou,

tan siquiera adios lles dixo.

 

A nena sentiu vergonza

e afellas sentiuse doída

e así que chegou alí

díxolles que non quería.

(Poño dúas versións. A primeira cantase por Lugo e a segunda pola Comarca do Deza. É un dos romances mais coñecidos por toda Galicia. Eu non lle coñezo música. Sempre o escoitei recitado pero hai quen o canta coa música do “Cantar do Requinto Fungando” e tamén coa do “Parrafeo de Secundina e Amadore”)

 

Advertisements

3 thoughts on “ROMANCE DE XAN QUINTAN (Tamén Xan Ghindán)

  1. Antón Saxán de Sober, mándame outra versión que se canta por alí e pola zona de Monforte:

    Xan Guindán quere casare e non ten a muller buscada,
    foille facer o amor á filla da tía Xoana.
    -Boas noites, tía Xoana. ¿Onde lle vai a rapaza?
    -Vai buscar o gas prá noite xa me parece que tarda.
    E logo entrou a nena pola porta para dentro.
    -Boas noites, Xan Guindán, tráiote no pensamento.
    -Non sei se o dirás de risa mais eu dígocho de veras
    xa fai un pouqueniño que estou eiquí quentando as canelas.
    -¿E logo tes moito frío? ¡Ai, nunca Dios che me dera!;
    Non sei se me irás quecer agora prá primavera.
    -Xa sabes que son soliño non teño con quen partir,
    eu riqueza non a teño pero habemos de vivir
    -Teño unha cabra moi boa e tres ovellas preñadas;
    tamén teño unha galiña pon ovos prás torradas.
    A cabra éche moi boa téncheme catro cabirtos,
    Mentras dous están mamando os outros andan a brincos.
    Xa che fixen o amor non teño máis que decir,
    Se me queres dimo axiña que me quero ir durmir.
    -Eu casar ben me casaba pero tamén che hei contar,
    quero facer unha saia, téñoche a lan por fiar,
    os zapatos todos rotos, o pano todo furado;
    se tes cartos cómprame outro casámonos de contado.
    Fixeron as municiós como alí se acostumbraba
    e leváronllas ao cura que llas lese de contado.
    O cura logo llas leu no ofertorio da misa,
    á xente que había dentro todo lle sirveu de risa.
    Todos din que é boa moza todos lle din que servía
    Chegou á porta da ilesia díxolle que non quería.
    Xan Guindán quedou tan teso como as vergas de un canizo
    deu a volta para a casa tan siquera adiós lle dixo.
    O cura quedou pasmado que nunca tal lle pasou
    caieulle o libro da man coa risa que lle pegou.
    O padriño e a madriña, o cura e o sacristán
    Encheron o corpo de risa cos feitos de Xan Guindán.

  2. Xan Gindan quería casar
    e tiña a muller sin buscar
    foille facer as veiras
    a neta da tía Xoana.
    Boas noites tía Xoana
    onde lle vai a rapaza
    vai buscar o ghas para noite
    xa me parece que tarda.
    Estando con estas palabras
    entrou pola porta pa dentro
    boas noites Xan Guindan
    traiote no pensamento.
    Ainda que o dis de bromas
    saeche de veras
    fai un pouco que estou aquí
    e estouche quentando as canelas.
    Eu queriache decir
    se te querías casar
    eu casar ben me casaba
    pero eiche de contar
    Teño os zapatos rotos
    e o pano todo furado
    se ti tes cartos
    mércame outro de contado
    Ainda que che son probiño
    habemosche de vivir
    pois como che son soliño
    non teño con quen partir.
    Teño unha ghata parida
    e tres ovellas preñadas
    e unha ghaliña que pon os ovos
    oviños pras torresmadas.
    Arreghlaron as municións
    como uso acostumbrado
    e foronllas dar ó cura
    que llas lera de contado.
    O cura tamen llas leu
    no ofertorio da misa
    e a xente que estaba ali
    tamen lle serviu de risa.
    Á rapaza doulle verghonza
    que a fellas cuasi servía
    e cando foi pra se casar
    díxolle que non quería.
    Deuse Xan a media volta
    máis teso que as verghas dun canizo
    e votando a porta fora
    tan siquiera adiós lle dixo.

    Esta versión está recollida no lugar do Barral parroquia de Abades no concello de Silleda fai 30 anos. Paseime horas no verán escoitandollo recitar a Isabel do Bolero mentres ia coas ovellas e fixomo aprender de memoria sin escribilo, vendo hoxe a tempo pasado supoño que estaba necesitada de pasar as horas con algen e era a excusa perfecta.

  3. Moitas grazas pola túa aportación Raquel. O romance, está moi espallado e a letra cambia según o sitio. É o que teñen os romances e cantigas tradicionais, que ó non estar escritos, ian de boca en boca e ia cambiando a letra tal como pasa hoxe en día con caldqura noticia sen confirmar, que empeza sendo un rio e acaba sendo un mar. Gústame o que dis de como o aprendiches e debeu de ser así. Era o único entreteñemento que habia pra estar co gando no prado, problema que hoxe cos adiantos que temos empezando polo móvil xa non esiste por desgraza.
    Fermosa parroquia a de Abades e aínda mais fermosa polos melindres que se fan alí. Teño un romance que fixen fai un par de anos onde falo da parroquia e de semellante doce tan rico que tendes.
    Estou no face por si queres saber mais sobre cantiguiñas e romances tradicionais. Mándochje o enlace; https://www.facebook.com/jose.iglesiasfernandez
    Moitas grazas de novo e unha perta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s