O HOME QUE ROUBARA UNHA VACA


O HOME QUE ROUBARA UNHA VACA

     Un día foi un home confesarse e díxolle ó cura que se confesaba ser o autor do roubo de unha vaca. O crego díxolle que tiña que devolverlla ó seu dono inmediatamente, pois senón pecaba mortalmente.

      -Si, ¡pero xa a vendín!

      -Pois se a vendeu, ¡déalle os cartos!

      -¡Os cartos gasteinos todos e non me queda nada!

      -Pois mire, se non lle dá os cartos ou a vaca, para o día do Xuízo Final vaise atopar vostede co dono da vaca e botaralle na cara que é un ladrón para que Deus o condene, e non só eso, ademais á de andar por alí a vaca dando brincos pra lembrarlle o seu pecado.

       -¡Ai, señor crego! ¿E dí vostede que han de estar alí a vaca e o dono?

       -Pois sí, si, por alí hán de estar.

       -Pois logo, xa está todo amañado: ¡antes de que seña o xuízo, collo a vaca polos cornos, doulla ó dono e xa non lle debo nada!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s