UN CONTO DO ANO 2500


UN CONTO DO ANO 2500

          O avó, deitou o seu neto nunha cousa deas tan raras que en tempos ancestrais chamabanse camas, e comenzou a contarlle un conto tratando de adormiñalo.

          “Contan as lendas que fai uns cinco séculos, vivía sobre a terra unha raza de homes xa extinguidos que se chamaban “políticos”. Unha raza á que ninguén quería ver diante pero que había que soportar como si fosen as enfermedades da peste ou da rabia.

           Traballar non traballaban moito, mais ben, nada, e andaban sempre de leria. Unha vez decidiron ir de excursión. Alquilaron un transporte moi popular que había daquelas e que se chamaba “Autobús”e saíron do seu traballo a codazos úns cos outros para ver cal chegaba antes e así coller o mellor asento ó carón da ventaniña. Alá marcharon todos de festa gastando os cartos que non eran deles e que tanto lle costaba ganar ós cidadáns, o mismo tempo que cantaban unha cantiguiña moi popular naqueles yempos “O viño que ten Asunción…”.

          Na mitade do camiño, o “Autobús” sufriu un accidente e marchou polo monte abaixo ate que parou preto de unha igrexia e unhas casas. Os veciños daquelas casas o mirar que algúns estaban mortos, fóronos enterrando ó carón da Igrexa, que era onde se enterraba a xente naqueles tempos.

          Cando chegaron os servizos de axuda na estrada, non atoparon a ningún ferido no autobús, e só estaban os veciños da aldea mais o chofer. O que era o xefe dos servizos perguntou as xentes do lugar:

          – ¿E ló…a onde levastedes ós feridos?

          – Non lle hai ningún ferido, señor.

          – Pero… como ¿non se mancou ninguén?

          – Pois non senor, non…

          – Pero…como  ¿morreron todos os que viñan no Autobús, logo?

          – Si señor, si…bueno algún decía que non estaba morto, que só estaba ferido, pero xa sabe vostede o mentireiros que son os políticos. Así que, enterrámolos tamén.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s