A FLOR DA AGUA


A FLOR DA AGUA

Mañanciña de San Xoan,

cando o sol alboreaba,

a Virxe Santa María,

dos altos ceos baixaba,

c’un ramalliño de flores,

i o libro donde rezaba.

 

Chegou onde a fonte fría,

chegou onde a fonte clara

e botando a bendición

d’esta maneira falaba:

 

– Dichosiña da rapaza,

que colla da flor da agua.

 

Foina oir unha nena,

dende a casa onde estaba,

si de presa se vestira,

mais de presa se calzara,

e pra chegar ond’a Virxe,

mais depresa camiñaba.

 

-Señora, son a doncella

que collera a flor da agua,

xarriña traio de vidrio,

vos ma daredes de prata.

 

E a rapaza entonces,

vai catar a flor da agua,

mete a xarriña de vidrio

¡e a saca toda dourada!

 

-¿Quen lle podrá ser a señora

que estas maravillas faga?

-Son a Virxe, miña filla,

son a Virxe Soberana.

 

-Si a Virxe sodes, Señora,

contésteme a esta palabra,

si teño de ser solteira,

ou teño de ser casada.

 

-Casadiña, miña filla,

e mais ben afortunada,

casadiña con tres fillos,

todos tres de vida sana.

 

A nena cheia de gozo,

cae no chan esmaiada,

tocalle a Virxe María,

co ramalliño na cara.

 

I a rapaza entonces esperta,

¡e esperta na sua cama!

(Parece ser que a flor da auga é a que se colle ó raiar o sol na madrugada do día de San Xoan sobre a tona da auga das fontes, e din que a buscan as mozas casadeiras pra lavarse con elas e así ter descendencia. Según dí a tradición, a moza que máis madruga coloca na fonte unha rama en sinal de que levou a flor da auga. Cando chega outra moza á fonte e vea enramada, ten que buscar outra, e outra, e outra mais, ata que quedan enramadas todas as fontes da aldea)

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s