ROMANCE DA MARUXIÑA E PERUCHIÑO


ROMANCE DA MARUXIÑA E PERUCHIÑO

Boas noites Maruxiña, que cansadiño che veño,

traime un tallo pra sentarme, que eu de pé non che me teño.

 

Hai logo meu Peruchiño, como vés tan sofocado,

non sei que traerás de novo, por aí algún milagro.

 

Pois traioche unha noticia, que agora che vou contar,

veño para ver se me queres, porque me quero casar.

 

Pois si te queres casar, eu tamén estou rabiando,

así que si ti queres, casarémonos de contado.

 

Pois logo nos casaremos, contestoulle Peruchiño,

pois agora ven o inverno, e non para o demo co frio.

 

Eu tamén estou temblando, contestoulle a súa Maruxa,

sempre cando vou para cama, teño que ir soprando as uñas.

 

Pois para escorrentar ese frio, un remedio lle daremos,

esta noite Maruxiña, xa é mellor que nos xuntemos.

 

Eu xuntar xa me xuntaba, si non fora o resultado,

porque si me fas un neno, despois teño que crialo.

 

Non teñas pena Maruxa, que si Deus che da un neno,

ei traballar canto poida, pra gañar con qué mantelo.

 

Pois xa que tanto me queres, eu a ti tamén te quero,

pero antes de nos xuntare, hai que casarse primeiro.

 

Pero é que si nos casamos, gastamos moito diñeiro,

que o cura e o sacristán, son un fato de larpeiros.

 

Eu tamén che me axuntaba, contestoulle Maruxiña,

pero han de falar na aldea, que levamos mala vida.

 

Non fagas caso Maruxa, que si falan pola aldea,

decimos que nos casamos, por detrás da ramalleira.

 

Alabado sea Dios, seica te pandou o demo,

se me vés con eses contos, entonces xa non te quero.

 

Cala por Dios Maruxiña, non me fagas rabeare,

que se é que ti me queres, por dios has de disimulare.

 

Pois logo nos casaremos, contestoulle Peruchiño,

pero antes de casare, teño que dormir contigo.

 

Pois antes de me casar, has de saber Peruchiño,

que antes de ser casada, ninguén dormirá conmigo.

 

Pois daquela non te quero, contestoulle Peruchiño,

porque antes de casare, teño que verche o rexistro.

 

Eu non son ningunha burra, que teñas que rexistrar,

e si ves con esa idea, daquela podes marchar.

 

Peruchiño, moi enfadado, tratoulle do casamento,

e botaron as municións, e casaron moi contentos.

 

Agora voulles decir, como enganan as mulleres,

e o probe do Peruxiño, deronlle gato por lebre.

 

Despois de unhas cuantas noites, de durmir coa Maruxiña,

xa lle empezou a decire, que lle doía a barriga,

 

Levantate Peruchiño, e vaime alí a cociña,

trae o cacharro da nata, e dame fregas na barriga.

 

Levantouse Peruchiño, sin pereza e sin preguiza,

foi pola cunca de nata, e fregou de abaixo a riba.

 

Pero non lle fixo nada, e non desfixo o que tiña,

pero os pouquiños momentos, saliu rebrincando a cría.

 

Levantese miña sogra, que teño a muller parida,

eu non sei quen é o pai, e non recoñezo a cría.

 

O pai é o señor cura, dixolle o demo da vella,

pero ti non digas nada, que nos dou moitas cadelas.

 

Dounos catromil riás, para comprar unhos becerros,

así que ti Peruchiño, xa podes estar contento.

 

Eu contento xa lle estou, que viva él moitos anos,

que me sacou dun apuro, e aforroume dous traballos.

 

Co que pasa hoxe en día, mociños tede coidado,

si non queredes levare, muller roida dun rato.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s