O BISPO E O BURRO


O BISPO E O BURRO

          O “conto verídico” que veño a relatar, aconteceu fai moitos anos en Mondoñedo cando Quiroga Palacios era o Bispo do lugar. Foi a confirmar ós rapaces de unha parroquia do Concello, pero dende a estrada onde o deixaba o coche ate a Igrexa, había un treito de úns oitocentos metros de camiño daqueles de antes, que había que poñerlles unhas pedras no medio para poñer os pés e non mollar os zocos, e despois estralos ó redor con toxos e xestas para que andivesen ben os carros e non afundiran as rodas na lama.

          Pra facer o traxecto dende a carretera ate a igrexa, o cura chamou a un tal Bieito de Amador, que tiña un burro pra carrexar a herba pro gando, e preguntoulle si podían vir os dous pra levar ó Bispo ate a igrexa, pois estaba algo entrado en kilos e a sotana non lle daba para saltar de pedra en pedra.

          E así fixo Amador. Levou o burro ate a carretera e cando chegou o Bispo, axudárono a subir enriba do burro pra levalo ate a igrexa, pero vai ti ver que este, en canto sentíu semellante peso no lombo, empezou a rebrincar e ornear que metia medo. Amador dándolle con un pau nos traseiros berráballe de viva voz:

          – ¡¡Quieto burro!! ¡¡Soooooooo!! ¡¡Ou seica levas o demo enriba!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s