ROMANCE DO MARIÑEIRO


ROMANCE DO MARIÑEIRO

Voces daba o mariñeiro,

decindo que se afogaba.

Respondéralle ó demonio

do outro lado da iagua:

 

–¿canto derías mariñeiro

A quen da agua te quitara?

–dera eu os meus barquiños,

cargadiños de ouro e plata.

 

–Non che quero os teus barquiños

cargadiños de ouro e prata,

quéroche que cuando morras

que a mín m’entreguel-a ialma.

 

–¡Arreda, arreda, demonio,

con esa mala palabra!

A miña alma déixoa a Dios

y a la Virxen soberana;

 

a cabeza ás formigas

pra que n-ela fagan morada;

os ollos déixoos ós cegos

pra que vexan por onde andan;

 

a boca déixoa ós tatos

pra pronunciar as palabras;

as canelas, ós gaiteiros,

que con elas toquen a gaita;

 

os pes déixoos os coxos

para que anden as xornadas,

i as tripas déixoas os cantores,

pra que toquen nas guitarras.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s