OS LOBOS E O GAITEIRO


OS LOBOS E O GAITEIRO

       Era unha vez un gaiteiro o que se lle facía denoite na fraga na súa volta para casa dispois dunha parranda, e como tiña moito sono deitouse nun montón de folla dos castiñeiros e carballos e alí mesmo quedou dormido. En cando durmiu, chegou un lobo onda él, cheirouno e tapouno ben tapado con outro manto de follas, pensando en voltar cos seus compañeiros para papalo.
O gaiteiro despertouse o escoitar vir ós lobos e subiuse o carballo mais grande que atopou.
Viñeron os lobos e empezaron a fozar na folla para papalo, pero como non no atoparon, empezaron a pelexar co que os chamara por pensar que lles estaba mentindo.
Nesto que o gaiteiriño vendo a pelexa que tiña o seu redor empezou a encirralos pra que lle seguiran zoupando ó lobo que o descobriu, pero velaí que estes, cando se dan de conta que a cea estaba no carballo, deixaron a pelexa e empezaron a roelo.
Ao darse conta de que aquello non tiña moi boa pinta, o gaiteiro dixo:
– Me cago no mundo, si hei de morrer… que sexa tocando.
E empezou a tocar na gaita con tanta ansia que parecia que iba estoupar o fol. Non se sabe como, pero en canto a gaita empezou a zoar, fuxiron os lobos coma se oisen as galochas do demo. O noso gaiteiro baixouse do carballo sen deixar de tocar a gaita, e tocou sen parar nin un momento ate que chegou á taberna da aldea e contoulle o caso ós veciños.
Dende entón os desta parroquia cando teñen que ir polo monte e non teñen armas levan a gaita.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s