O QUERUBIN MAIS PRECIADO
Que sorte e ledicia pra Deus,
poder terte ao seu lado.
Un anxo en forma de nena.
Seu querubín
mais fermoso e preciado.
Destiño dos nosos bicos,
a túa delicada beleza,
e os regueiros de dozura,
tan presentes na túa ausencia.
Que fermosa a túa paz sin odios,
que fermoso o teu silencio sin berros,
que fermoso o teu sorriso misterioso,
que fermosa a túa mirada perdida,
que fermosa toda tí.
Que fermosa a túa vida.
E que sorte e ledicia pra Deus
poder sentar ao seu lado,
a meniña mais fermosa,
o seu querubín mais preciado.
(Pra miña primiña Yaiza, que acaba de deixarnos)
Advertisements
Que fermosa era.
E que fermoso o teu poema Pepe, dos mais fermosos que che coñezo.
Unha aperta.
Sí que era fermosa si Vicen.
Moitas grazas. Mañá vémonos. outra aperta para ti.