AS CASTAÑAS


AS CASTAÑAS

          Pra min, as ábores mais fermosas de Galicia, xunto cos carballos, son os castiñeiros. Onde son eu, alá pola Comarca do Deza, hai fermosísimos soutos e fragas de castiñeiros centenarios misturados con outros mais novos.

Imagen

          Pra ter castiñeiros novos, e repoboar os que se iban secando ou se cortaban para madeira, había que prantar castañas alá polo mes de Novembro ou Decembro. Decían os vellos que había que buscar ourizos de tres castañas e plantar a do medio pois o castiñeiro que nacía desa castaña, daba o fruto sin necesidade de inxertalo, anque o mellor éra inxertalo cando a nova árbore tiña uns seis anos. Para eso, buscabanse pugas dun castiñeiro que dese boas castañas. Os inxertos facíanse durante a semán da lúa chea de Marzo. As castañas enterrabanse un pouco fondas e na primavera, si era que non as comían os ratos convertíanse en castiñeiros, anque non daban castañas ate pasados uns seis ou sete anos nos que medrarían o redor de un metro.

Temporada-de-Castaas

          Ó chegar a primavera, os castiñeiros empezan a brotar e a encherse de follas, pouco despois botan as flores que son uns ramiños longos ós que na miña terra lles chaman “candeas”. Destas flores saen despois os ourizos e dentro deles medrarán entre dúas e cinco castañas. Alá polo mes de Outubro, os ourizos recachan os dentes e soltan as castañas que teñen no interior. Este feito era moi acollido polos veciños, “os castiñeiros xa pingan” decían, debido a importancia da castaña no rural. Despois ó chegar o mes de Novembro, secáballes a folla. A folla dos castiñeiros misturada coa dos carballos con toxos e con fentos era o mellor estrume pras cortes e pra convertilo en esterco pras leiras.

          Polo remate do mes de Outubro ou comenzo de Novembro, chegaba o tempo de ir cara os soutos e recoller as castañas. Collíanse do chao as que estában fora dos ourizos e botanbanse para un canastro. Despois vareábanse os castiñeiros con un pau longo chamado “valoira ou avaloira” e todos os ourizos que non soltaran as castañas, amontonábanse nunha “ouriceira” ate que secasen ben e acabasen por soltalas. A ouriceira, era un pequeño balado en forma redonda onde se metían os ourizos que non habían aberto. Tapábanse con follato dos mesmos castiñeiros e alí botaban un tempo sin que se estragaran as castañas.

ouriceira2

          Así que estaba toda a colleita na casa, empezaba a selección para separar as boas das malas. As pequenas e valeiras,  as que tiñen o verme e ás que estában regañadas, dábanselle ós porcos, e as de mellor calidade servían de alimento prós da casa.

          As castañas, podense comer de moitas maneiras, pero como mellor saben son cocidas ou asadas, para esto utilízanse as recén collidas e que non esteñan xa moi secas, para cocelas sácaselles a casca dura de fora e cocense nun cazolo acompañadas de un par de chourizos ceboleiros, unhas follas de loureiro e un ramiño de fiunchos, e para asalas, dáselles un corte con un coitelo e poñense nas brasas ou nunha lata sobre do lume. Era costume no rural galego comelas na cea acompañadas dun tazón de leite ou de unha cunca de viño.

          Noutros tenpos non moi atrás, a castaña era un dos compoñentes principais da alimentación nas aldeas, e a meirande parte das que se collían botábanse nos canizos para secalas. O canizo estaba feito con unhas taboas que se poñían enriba da lareira separadas unhas das outras un centímetro mais ou menos e onde se poñían as castañas para que secaran ben apriveitando o lume do xantar e da cea. De cando en vez había que subir a él e remexelas con un pau que tiña na punta unha taboa de uns 30 cmts. e que se chamaba “burella”. Pola parte de abaixo do canizo tamén se colgaban os chourizos no tempo da matanza para que se curasen. Alá polos primeiros do ano, as castañas estaban xa ben secas, entón metíanse en sacos, e cos estadullos do carro, golpeábanse ben para que soltaran a casca e quedara a castaña limpa, convertindose así en “castañas pilongas”. Polos arredores de Pontevedra tamén se lles chama “cascallos”. Despois escollíanse  e gardábanse no horreo no medio de herba seca para que non humedeceran.

Imagen

          As castañas secas eran moi duras pero moi ricas, os rapaces chupabámolas como si fosen caramelos. Conservabanse durante varios meses e cocíanse coma si fosen patacas, pois eran alimento básico no rural. Hoxe, bótanselle ó cocido garbanzos castelás pola comodidade e porque xa non hai castañas secas,(o que fai que os cocidos modernos o levar productos non autóctonos xa non sexa tan enxebre). O auténtico cocido galego facíase con castañas que se cocían na pota dentro de unha bolsa para que non se misturaran coas patacas e as berzas , e acompañábanse de uns cuantos chourizos ceboleiros.

Imagen

           Agora, e nos tempos que corren, as castañas siguense recollendo, pero non coa necesidade daqueles tempos. Agora consumense maiormente en magostos que están a priliferar polas parróquias e onde é motivo de xuntanza e ledicia dos veciños, tamén se están a facer nos colexios e nas comunidades de veciños, recuperando así unha das mas fermosas tradicións e convertíndose na festa gastronómica popular mais espallada a todo o longo do noso País .

castañada

          Pero unha boa parte das castañas que se recollen destínanse a venta pra fabricación do “marrón glacé” tartas e outros postres derivados delas.

          O que está claro é que a castaña e os castiñeiros son unha parte moi importante da nosa historia e mais cando a meirande parte dos móbeis e as táboas do piso das casas das aldeas eran feitas coa madeira do castaño.

          Dame a min, que a historia do noso país non se escribiría da misma maneira si non existisen os castiñeiros.

          Unha aperta para todos.

Advertisements

3 thoughts on “AS CASTAÑAS

  1. eu nacin1945 facia muy pouco tempo del fin de la guerra. viñen cando tiña catro anos. recordó que moitas noites nosa cena era leite con castañas… ..sentados alrededor de la lareira con un cuenco y una cuchara cenábamos. a vaca que se deishaba ordeñar a esa hora se chamaba MORITA. FISHEN O QUE PUDE NA ESCRITURA

  2. Que fermosa a túa lembranza despois de tantos anos Margarita fora. A verdade é que a Nosa Terra, lévase moi dentro de ún, i é unha ledicia saber que xente coma tí, conta estas cousas despois de tantos anos fora. Non te preocupes polo teu galego Marga,está moi ben falado, que temos moitos por aquí que nin siquera intenta falalo renegando do primeiro idioma que escoitou ó nacer. Moitas grazas polos teus comentarios que serán sempre moi ben recibidos por min. Un biquiño dende a túa Galicia natal.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s