VEÑAN SEÑORES E ESCOITEN


VEÑAN SEÑORES E ESCOITEN

Perdín a vista querido,

apagouse a miña vela;

para min sempre é de noite

¡Valgame a Madalena!

 

Perdín a vista querido,

a prenda que mais valía;

non me queda que perder

astra que perda a vida.

 

Vou ganando o meu panciño

facendo mofa de min;

as miñas bágoas por viño

miña dor por violín.

 

Veñan señores e escoiten

farei que esquezan as bágoas

que eu sei os cantos mellores

e as historias mais estranas.

 

Como sin saber qué como

e astra non son reparada

que a miña fame non compre

distingui-las cousas malas.

 

Morrerei calquera noite

cá miña noite mais crara;

cecais no cumio dun monte

os corvos faranme a cama.

(A Cega de Aciveiro sempre remataba con esta cantiga.

O día do seu enterro, eu canteilla a ela a pé da tumba))

Imagen

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s