O MILLO


O MILLO

          Un dos cereais básicos e fundamentais na alimentación dos galegos desde fai uns séculos é o millo e quizais xunto có centeo, o mais importante, posto que o pan que se comía nas nosas casas hasta onte coma quen dí, estaba feito con estes dous cereais. Da súa importancia dan fé os centos de refráns cantigas e coplas que engrosan a nosa cultura musical.

          Como se facía con outro cereal calquera, os labregos preparaban as leiras pra súa semente arando e gradando o terreo que se estercara uns días antes. Logo facíanse uns regos co arado e sementábanse os graos de millo, a man ou coa sementadora.

          Acompañando os graos de millo tamén se sementaban as fabas brancas que ó medrar enredábanse polas canas. Estas fabas coñecense como fabas milleiras percisamente por ser sementadas onda él e que son un dos ingredintes principais do noso caldo. A semente, tiña lugar nos derradeiros días do mes de Abril ou comenzos de Maio, e alá polo mes de agosto, cando as espigas xa estában ben grosas “escotelábanse” os milleiros. O escotelo consistia en cortarlles o “curuto” polo nó seguinte a última espiga, e facíase para que a planta non seguira a medrar e que engordasen as espigas. Os curutos eran para darlle o gando.

Imagen

          Na leira do millo poñíanse uns espantallos e unhas tarabelas para espantar os paxaros, principalmente os corvos, para que non foran comelo e tamen me lembro de que se queimaban trapos vellos nos balados da leira pra que o porco teixo non se achegara a él, pois seica non soportaban o cheiro que producían.

Imagen

          O chegar o mes de Outubro recollíase cortando as plantas polos pes, sacábanselle as espigas e as canas eran pro gando. Moitas das canas tiñan un verme longo e branco, que era ún dos mellores cebos pra pillar as troitas. As espigas ou “mazorcas” levábanse no carro pro cuberto onde tiña lugar a escarocha ou esfolla que consistía en espir a espiga das follas que a gardaban. As follas mais finas e brancas do interior escollíanse e gardabanse para facer os xergóns de follato pras camas, o resto era para estrar as cortes. Moitas veces e cando a colleita era abondosa, a escarocha levábase a cabo entre varios veciños o que facía que o remate se celebrase a cousa con unha foliada.

Imagen

          Despois de escarochado, escollíanse as espigas que non estaban defectuosas e levábanse pro horreo, as partidas ou con pouco grao deixábanse pras galiñas e pro gando. As espigas que ainda non estaban moi maduras poñíanse un tempo a secar antes de gardalas e tamén se metian no forno do pan cando xa non estaba moi quente para secalas co seu calor. A fariña destas espigas decían que era a mellor e a mais utilizada para facer as papas pois os graos seica se moían mellor e non facían tanto salvado.

          O que se gardaba no horreo, ibase debullando durante o resto do ano según as necesidades. Para debullalo metíase nun saco e golpeábase contra o chan, despois de uns cuantos golpes sacabanse a man os graos que quedaban nos carozos. Tamén se debullaba apretando a espiga contra un carozo para que soltase os graos. Pero as debulladas mais fermosas que lembro na casa da miña nai no Castelo facíanse cando se debullaba moita cantidade pra moenda. Despois da cea, os meus tios e os meus pais sentabanse nuns tallos  arredor do lume da lareira, metían unha fouce debaixo do cú e debullaban as espigas contra o mango. Os graos iban caendo nas cestas ou nos ferrados. Este traballo leváballes bastante tempo polo que era inevitable contar contos ou cantar mentras se debullaba, cousa que agradecíamos os rapaces que non queríamos ir pra cama mentras non fosen eles. A miña avoa gustáballe moito cantar mentras debullaba, e cando nas conversas había algo que non quería escoitar ou que non lle interesaba moito era o primeiro que facía.

Imagen

         O millo, despois de debullado, levábase o muiño e coa súa fariña facíase o pan, as papas, as empanadas de chourizo ou de touciño, os bolos de pote etc.

Imagen

         Agora que o penso, vaia cousas tan ricas que se facían nas casas coa fariña de millo, e anque daquelas decían que o pan de millo e centeo era o pan dos probes porque o pouco trigo que se colleitaba era pra vender, despois das voltas que dou a vida, este pan está sendo dos mais solicitados nas panaderías.

          Unha aperta para todos

         

                     

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s