SEREI TEU FILLO VARON


SEREI  TEU FILLO VARON

Pregoadas son as guerras

que asolagan a Nación.

¡Pobre de min que vou vello,

guerras pra min xa non son!

 

¡Mala seas ti muller

que non me deches varón!

E falou a súa Dona,

con arrogante razón:

 

-Non me maldigas marido,

non me botes maldición.

Deme as armas e o cabalo

serei teu fillo varón.

 

-Ténde-los cabelos longos,

non os encubrirás, non.

-Metereinos na armadura

atadiños c-ún cordón.

 

-Ténde-los ollos fermosos,

non os encubrirás, non.

-Eu baixareinos á terra

cando pase algún varón.

 

-Ténde-los peitos crecidos,

non os encubrirás, non.

-Dame un colete de ferro

servirame de xubón.

 

-Ténde-las mans moi finas,

non as encubrirás, non.

-Dame teus guantes de ferro

terei as mans de infazón.

 

-Ténde-los pés miudiños,

non os encubrirás, non.

-Dame túas botas de ferro

enchereinas de algodón.

 

-Tende-lo corazón debil

e non o encubrirás, non.

– Levas razón meu marido,

as guerras pra min, non son.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s