VEN BAILAR CARMIÑA

VEN BAILAR CARMIÑA

Vén bailar Carmiña, Carmiña, Carmela,

con zapato baixo e media marela,

e media marela e media calada,

vén bailar Carmiña miña enamorada.

 

O zapato pide a media,

a media pide o zapato,

a rapaza que é bonita,

tamén pide un rapaz guapo

 

Vén bailar Carmiña e trae o pequeno,

que anque non é meu, axudei a facelo.

ven bailar Carmiña, Carmiña, Carmela,

con zapato baixo é media marela.

 

Catro cousas hai no mundo,

que revolven o sentido,

amar e non ser amado,

querer e non ser querido.

 

Vén bailar Carmiña, Carmiña, Carmela,

con zapato baixo e media marela,

e media marela e media calada,

vén bailar Carmiña miña enamorada.

(Esta fermosa cantiga, moi popular, cántase de diversas maneiras,

esta é a que cantaba o Señor Florencio, o cego dos Vilares)

Imagen

Advertisements