TRES CASAMENTOS NUN DIA


TRES CASAMENTOS NUN DIA

Alá na terra de Lugo, na montaña de Burón

pasóu un caso chocante, que causóu admiración.

 

Vivía unha patrona, con unha filla e unha neta;

as tres estaban solteiras, nunha casiña pequena.

 

Todas as tres tiñan mozo, todas se queren casar,

e maiormente a patrona, xa non se pode aguantar.

 

Ésta trataba cun vello,  medio xordo e xorobado,

pero era mui bonito, porque tiña moitos cartos.

 

A filla era media bruxa, e tamén tiña rapaz:

un xastre de mala morte, que andaba polo lugar.

 

A neta era mui noviña, tiña quince primaveras,

sólo que tiña un defecto: era tortiña das pernas.

 

Ésa tamén tiña noivo: un gallardo paragüeiro

que cando viña ó lugar, botáballe algún remendo.

 

Un día que estaban xuntos, entre todos acordaron

casarse todos nun día, por evitar moitos gastos.

 

A vella toda apurada, foi onda o cura correndo,

antes que algún dos noivos, cambeara de pensamento.

 

-Boas tardes, señor cura, véñolle a preguntar

por facer tres casamentos, cánto nos vai a cobrar.

 

-Un cóstalle trinta pesos, e os tres valen noventa,

pero sendo os tres xuntos, rebaixaréilles da cuenta.

 

-Craro que son todos xuntos, e todos nun mismo día:

cásome eu e cásase a neta, e támen se casa a filla.

 

-Nunca outra tal se viu, desde que son sacerdote;

tres casoiros nunha casa, debe ser señal de morte.

 

-Pois non lle é ningún milagre, é que topamos tres burros

e hai que aparellalos, pra que queden ben seguros.

 

-Pois véñame cando queiran, que eu cásoos de contado

e como son todos xuntos, heillo de facer barato.

 

-De padriños e madriñas, servimos uns prós outros;

e, mire chéganos ben, que queremos rezar pouco.

 

Un día de moito inverno,saliron pra se casar;

deixaron a casa sola. O rapaces do lugar,

 

entráronlle na cociña, leváronlle a carne toda,

o viño cas empanadas, todo o que tiñan prá boda.

 

Tocando cornos e latas, cencerros e potes vellos,

marcharon pra unha xesteira, mui alegres e contentos.

 

Alí fixeron a festa, a conta dos casamentos,

o viño andaba por cuncas, e a carne por torombelos.

 

Volvamos ás tres parexas, que viñan de se casar,

pensando na gran inchenta, que se iban a tomar.

 

Cando chegaron á casa, toparon todo barrido,

nin molete nin ovella, nin o pelexo do viño.

 

-¿Quén sería o galopín, tan ladrón e desalmado?

– dixeron os matrimonios, todos a un tempo, chorando.

 

Esta sí que che foi gorda, nunca me houbera casado,

que polo primeiro día, xa levamos bon petardo.

 

Mais a conta foi despóis, ó chegar os convidados

topan as portas pechadas, e os matrimonios chorando.

 

-¿Qué vos pasa, meus amigos, – dixo un dos invitados-

que todos estades tristes, como perdidos, chorando?

 

-¿Qué é o que vai pasar? -dixo a tía Micaiela-:

mentras nos fomos casar, roubáronnos a ovella,

 

o viño e o pan de trigo, empanadas e paella,

e non levaron a casa, porque non puderon coela.

 

Ó ver esto os convidados, todos de mala maneira

diron a volta pra casa, coa barriguiña valeira.

 

Eles que iban con fame, tuveron que dar a volta,

cos dentes mui afilados, sin poder probar bocado.

 

Os matrimonios á noite, fóronse cedo prá cama,

pero como tiñan fame, non puideron facer nada.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s