UN FERMOSO CAN DE CAZA


UN FERMOSO CAN DE CAZA

          O meu amigo Francisco, é un gran aficionado á caza, pero tivo que deixar a súa práctica por culpa de unha operación, pois debido às secuelas que lle quedaron, cánsase moito. Pero segue tendo a súa recua de cás e sigue  levandos o monte, deixáos soltos metendolle sustos os coellos, mentras que él queda sentado nunha silla praieira que leva.

          Etoo, era ún dos cadelos que tiña, o que mais quería de todos por ser o mais vello e por levar úns once anos con él, era moi cariñoso con todos os que chegaban a casa e un gran comedor de galletas. Ademais de Etoo, ten outros cinco; Valdés, Iniesta, Xavi, Piqué, e un cachorriño que lle regalaron polas festas da Peregrina e ó que lle puxo Tello de nome.

          Non sei se porque Etoo era de cor negro ou porque era un gran amante da libertade, tiñao sempre solto, mentras que os outros cinco tenos pechados nun caseto con todas as comodidades do mundo. Etoo era un fermoso can de palleiro que gustaba moito de cruzar a estrada cara o outro lado, onde hai un anaco de monte con algún que outro coello. Como bó cazador que era disfrutaba metendolle carreiras os coellos que alí hai, despois volvía pra casa, bebía nun pilón debixo das viñas e deitabase onda os outros pra fastidialos como decindo “mirade para min, estou ceibe”, mentras os outros non deixaban de laiar cara el.

          Falando con Paco, o ver as filigranas que facía o can na carretera pra esquivar os coches, xa lle tiña dito algunha vez:

          – Paco, deberías prender a Etoo. Calquera día vas levar un disgusto.

          – Non, non. Aquí os coches pasan a modo, hai un límite de cincuenta, ademais él é moi listo e non se deixa pillar.

          Pero non foi así. Antes donte un Audi que baixaba a bastante velocidade pillouno. Paco, o sentir os laios do can, pensou no peor e botou a correr ate a estrada. O chegar comprobou que o seu pensamento convertírase en realidade. Alí estaba Etoo morto. Colleuno ensangrentado como estaba no seu colo e así estivo o tempo que lle levou dar os datos ó dono do coche pra pagarlle os estropicios do vehículo. O rematar, foise pra debaixo da viña e alí botou bastante tempo co seu canciño no regazo, os ollos cheos de bagoas e rosmando pros seus adentros por non telo pechado cos outros.

          Onte decíame, que si quería tanto a aquel animal, era pola libertade que tiña, por velo solto pola eira e por subir ate a súa boca pra pillar as galletas que tiña presas entre os beizos e que tanto lle gustaban.

          Pero dí que mentras a estrada esteña entre a casa e o monte, non volverá ter outro ceibe.

Sin título

           

            

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s