OS SEGADORES E A EMPANADA


OS SEGADORES E A EMPANADA

          Naqueles tempos nos que a sega do pan se facía coa gadaña e se botaba todo o día nas leiras, tres segadores foron un día a segar unha leira de pan centeo. Sabendo que a sega ía a levarlles todo o día, levaron unha empanada de bacallao con pasas pro xantar. O chegar a leira pola mañá cedo, e antes de empezar a sega, decataronse de que se esqueceran do viño na casa para beber coa empanada, entón, un deles dixolle ao mais vello que se chamaba Anselmo:
-Oe Selmo, podías volver á casa e traer o viño que nos esquenceu enriba da artesa, así poñémolo a refrescar no rio pra que estéña mellor a hora do xantar.
– Si ó, contestoulles Anselmo, e mentras vou polo viño, vos papades a empanada e non me deixades nin un anaco, ¡¡ que vos coñezo moi ben !!
– A ver ó, vai polo viño que prometemosche que non á ser así. Prometémosche que ate que chegues ti, traballaremos duro e sin nin siquera mirar pra empanada.
Anselmo medio convencido dou a volta e marchou polo viño, pero por natureza era tan desconfiado, que  en vez de ir a buscarlo agachouse detrás dun balado pensando en que en canto dese a volta, os seus compañeiros comerían a empanada.

          Alí aselando, botou toda a mañá, mentres os seus compañeiros dábanlle duro a leira de pan centeo. Alá polas catro do serán mais ou menos, díxolle un dos segadores ó outro:
– Oes, Selmo non acaba de vir co viño e eu teño fame.
– Pois eu taména teño, e cando non veu é que ó mellor pasoulle algo, así que vai ser mellor que xanteños anque sexa sin viño e despois acabamola sega.
Dito e feito, fóronse pra sombra dun carballo, partiron a empanada en anacos e empezaron a comela.
Nada mais incarlle o dente ao primeiro anaco, salíu Anselmo de detrás do balado cara eles, berrando con todas as forzas que tiña;
– ¡¡ Lamparins !!  ¡¡ Que sodes uns lamparíns !!  Eu xa sabía que iádes comer a empanada sen min.

            ¡¡ POIS AGORA NON VOU POLO VIÑO ¡!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s