O CANTAR DO “RELAXING CUP OF CAFÉ CON LEITE”


O CANTAR DO “RELAXING CUP OF CAFÉ CON LEITE”

Todo casado que escoite,

todo solteiro que atenda,

o suceso singular,

que vai contar éste menda.

 

Érase  na capital do reino,

que habitaba un cabaleiro,

presumindo de bó galo,

e ser dono do poleiro.

 

Seica tiña este gran home,

unha afamada parella,

chamándose Ana de nome,

e de apellido Botella.

 

Gran cerebro esta muller,

con sona en altas esferas,

facéndose ainda mais grande,

ó casar mazás con peras.

 

Meteuselle na cachola,

ter en Madrí as Olimpiadas,

e invertíu millóns de euros,

sen saber se viñan dadas.

 

E sabendo que tería,

que falarlle ó personal,

en perfecto inglés isleiro,

como era o natural.

 

Ó ter un nivel moi baixo,

precisou de aumentalo.

Foise a clases de inglés,

para aprender a falalo.

 

E marchouse pra Bos Aires,

xunto a douscentos langráns,

gastando dos nosos cartos

cando mais falta nos fan.

 

Subíuse moi campechana,

hasta o alto do poleiro,

dirixindo as súas verbas,

para todo o mundo inteiro.

 

Mirando fixa ó tendido,

un grolo de auga tragou,

e botándolle peito ó asunto,

dista maneira falou:

 

“The Sacristán of Coimbra,

mollaba o bread en aceite,

i eu mollo la magdalena,

no relaxing cup of café con leite

 

¡¡ Xa está !!  ¡¡ Xa o soltou !!

E baixouse toda ufana,

pensando o ben que falou

defendendo a toda España.

 

Mentras nós, ó escoitala,

sentimos vergoña allea,

pensando que errara mais,

ca unha cospeta de feira.

 

E as donas da capital,

-que é a do oso e do madroño-

dicindo que xá están dela,

hasta  o mismísimo… moño.

 

E ate aquí chegou o canto,

que nos papeis escrito queda.

son dous reás cada ún,

e que non se entere Facenda.

 

Advertisements

2 thoughts on “O CANTAR DO “RELAXING CUP OF CAFÉ CON LEITE”

  1. És un artista curmán…seguro que a Botella habería de gustarlle mais a pobre de idiomas anda algo escasa e non sabería nin papa de galego…ela só entende o español dos langráns. Apertas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s