O CASAMENTO DO PIOLLO E A PULGA ( Romance Infantil )

O CASAMENTO DO PIOLLO E A PULGA ( R.Infantil )

O piollo e a pulga querían casar.

Non tiñan panciño para “escomenzar”.

Saíu a formiga do seu formigueiro:

– “Mandaime” recado que eu son panadeiro.

– ¡Ai, miña vidiña, panciño xa temos!


Fáltanos carniña. ¿Onde a atoparemos?
E saíu o lobo detrás dun outeiro:
– “Mandaime” recado que eu son carniceiro.

– ¡Ai, miña vidiña, carniña xa temos!


Fáltannos manteis. ¿Onde atoparemos?
E saíu a araña da súa arañeira:
– Sígase esa voda que eu son tecedeira.

-¡Ai, miña vidiña, manteis xa temos!


Fáltanos gaiteiro. ¿Onde o atoparemos?

E saíu o grilo dende o seu “buxeiro”

– Por iso non quede, que eu son o gaiteiro.

-¡Ai, miña vidiña, gaiteiro xa temos!


Fáltanos madriña. ¿Onde a atoparemos?
E saíu a ra da poza veciña:
– Sígase esa voda que eu son a madriña.

-¡Ai, miña vidiña, madriña xa temos!


– Fáltanos padriño. ¿Onde o atoparemos?
E saíu o rato do seu buraquiño:
– Se prenden o gato, eu serei padriño

No medio da voda, con tanto ruído
espertou o gato e comeu o padriño.

( Na agradecida lembranza a Dña Placidia, miña mestra

da escola de Muimenta, que foi quen me ensinou este

romance cando eu era cativo)

Advertisements