AS GALIÑAS POLA EIRA


AS GALIÑAS POLA EIRA

          A miña aldea do Castelo era (e sigue a selo) coma moitas outras da comarca… pequena e moi fermosa. Ó carón da carretera de Lugo a Pontevedra, entre Muimenta e Cadrón, no Concello de Lalín. Como tantas outras aldeas dedicada a agricultura e a gandería, sendo casi toda a produción para consumo propio. Ademais había unha taberna e unha pequena industria da madeira. Anque algún dos veciños tiña outro oficio fora dela, albañís, carpinteiros… a maioría dedicabase o cuidado do gando e ó cultivo da terra.

          En tódalas casas había mais ou menos os mesmos animais, seis ou sete vacas, unhas cuantas ovellas, algún chivo, un par de porcos, algún que outro coello e unha ou dúas dúcias de galiñas co seu galo correspondente. Parece pouca cousa, a verdade que sí, pero sin estes animais, a vida sería imposible na aldea. Algunha vez téñolle escoitado a alguén que cando morría un porco da ceba, era a perdición da casa pro inverno vindeiro, pois a vaca e o porco eran os pilares que a sostiñan. As vacas producían leite e carne, ademais de ser o principal motor do carro e dos aparellos da labranza. Os porcos estaban destinados a ser a despensa pro inverno que viña, deles aproveitábase todo, dende a punta do fuciño hasta o remate do rabo, incluínda a vincha pra rechear de grasa ou de roxós e o mexadeiro para untar os zocos coa súa grasa. As ovellas ademais da produción da carne, tiñanse pro aproveito da lá pra facer pezas de roupa, que xunto coas de liño, completaban o armario nas casas.

Imagen

          Pero si había uns animais que non daban traballo ningún e que eran outra parte importante da despensa, eses eran as GALIÑAS, así con maiúsculas. Como xa dixen antes, en cada casa había entre dez e vinte mais ou menos. Andaban ceibas todo o día pola eira en diante e polos camiños e congostras dos arredores das casas. Alimentandose de todo o que atopaban, anque a súa dieta completábase moitas veces coas sobras do xantar e con algunha espiga de millo que se debullaba con elas do redor. I eranvos listas as condenadas, porque tan pronto escoitaban abrir a porta do horreo ou aquela chamada característica de “churras, churras” aparecían voando como si de foguetes se tratase, e pola noite, elas soas iban pro galiñeiro que tiña sempre a porta aberta para que entraran cando quixeran. Ademais poñían ovos, que era casi o que se ceaba, ou fritos e esmagados con faragullas de pan de broa, en tortilla de patacas, ou tamén se cocían con uns cachelos e chícharos ou tirabeques sobre dos que se botaba un rustrido que se facía fritindo nunha sartén uns torresmos de touciño e coloreando con pemento doce. Ademais eran indispensables para a repostería de diario e das festas xa fora en forma de filloas, bizcoitos, pudíns, rosca, flan etc, ou se batían con leite ou con viño doce, que se decía que era un bó abridor do aperito, sobre todo pros rapaces. E incluso, anque eu xa non o lembro utilizáronse coma moeda de cambio nas feiras.

Imagen

Imagen

          Según teño escoitado tamén que en tempos mais atrás, cando algún veciño mataba un raposo, que era o peor enemigo delas, colgabao dun pao e iba polas casas en diante enseñando, e de maneira de agradecemento, cada casa dáballe uns ovos polo servicio prestado á comunidade. 

          E acompañando ás galiñas, sempre había un galo, polígamo por natureza. E claro, este non poñía ovos, que xa bastante tiña con aturalas a todas e de mandarlle un cante de cando en vez, ademais era indispensable para que as galiñas tivesen ovos pra chocar e así poder facer novas niñadas. Cando chocaba unha galiña, poñíanselle unha ducia de ovos no niño e o cabo duns días había unha niñada nova de pitos pola eira en diante acompañando a súa nai, que daba gusto ver como os ensinaba a atopar a comida.

Imagen

Imagen

          E cando as galiñas iban vellas e deixan de poñer ovos, matábanse e facíase un caldo moi rico con elas ou tamén se asaban ó sal nunha pota de barro entre as brasas da lareira.

          Pero andando o tempo, algúns dos veciños, foron facendo os porrais ó carón das casas para súa maior comodidade, e houbo que pechalas para que non fosen escarabellar o dos veciños. Ate si non lembro mal, houbo unha vez unha xuntanza de veciños na eira da miña casa pra tratar deste tema pois a verdade é que as galiñas facían moito mal nas hortas.

1656204_528562433926208_1108633700_n

          E remataron pechadas nos galiñeiros. I eu boto moito de menos aqueles tempos nos que as galiñas andaban ceibes e os cativos corríamos polas congostras detrás delas para asustalas e que voasen. Debe de ser que me estou facendo vello.

Imagen

          Unha aperta para todos.

   

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s