PARRAFEO DE SATURNO E LIONOR


PARRAFEO DE SATURNO E LIONOR

Bartolo ten unha filla,

que se chama Lionor,

e un día estaba cosendo,

sentada no corredor.

 

O corredor xa de vello,

tiña aberturas no piso,

e o que por abaixo miraba

víalle o paraíso.

 

Mais o demo do Saturno

que alí viu a Lionor

foise coma unha centella

para debaixo do corredor.

 

Tapa as pernas Lionore

que si non me engano vexo

por enriba desas taboas

as orellas dun conexo.

 

Lionor toda asustada

quixo tapar de seguida

pegou un salto para trase

caeu coas pernas pra riba.

 

Vállate o demo Saturno

quen che botara na cara

un bo chorro de auga quente

para que che a vista cansara.

 

Non te enfades Lionor

porque as pernas che mirei

xa sei que as tes gordiñas

contigo me casarei.

 

Pois en canto esté solteira

ben seguro podes ter,

que as orellas ó conexo

non llas has volver a ver.

 

Non fagas eso muller

non teñas o corazon duro

han que outro día non queiras

sácame hoxe do apuro.

 

Entonces dende aquel día

foi cando entrou en calore

e o lunes de carnavale

casou coa Lionore.

 

Arreglaron os papeles

trataron o casamento

dentro de moi poucos días

casáronse moi contentos.

 

Foi aquel día da voda

un día de gran placer

e os dous casados de novo

deitaronse o escurecer.

 

Empezaron a faenar,

saturno non decía nada

pero ela dixo tan fresca

vai o merlo na niñada.

 

Non veñas tanto de presa

ven algo mais amodiño

a ver si vas a ire

partilos ovos do niño.

 

 

Empezaron coa faena

e dixo Lionor asustada

non brinques tanto Saturno

que vas a partir a cama.

 

Non te asustes Lionor

que o demo duda que ten

a cama está ben segura

brinca un pouco ti tamén.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s