O RAPOSO MAIS O MERLO


O RAPOSO MAIS O MERLO

          Seica un día, ía o raposo rabeado ca fame tentando de buscar algún bichiño incauto que levar pró bandullo, cando, de súpeto, viu un merlo que estaba chirlando por riba da ponla dun piñeiro.

           Estivo atento un bo anaco, escoitando o chiflar do paxaro ata que rematou. O raposo foise arrimando empregando tódalas mañas das que era coñecedor pra tentar de camelar ó formidable artista. Cando estaba debaixo do piñeiro díxolle ó merlo:

           -Véxote moi contento merlo. Impresionoume ise xeito que tés de cantar. Mágoa que eu sexa vello e o meu oído xa non oe todo o ben que oía cando era novo, ¿Por qué non vaixas e me cantas algunha desas melodías tan maravillosas que ti sabes eiquí a carón miña? ¡Heiche pagar ben pagado o teu traballo!

           – O merlo, que xa estaba de volta das intención do galupín mostroulle que xa sabía de cales eran a suas intencións.

           -¡Non baixo, non oh! Ti o que queres é paparme.

           -¡Qué va, eso era antes! Agora firmouse un decreto onde di que está prohibido por ley que os animáis se papen os uns os outros.

           Estaban nestas cando de repente veñen catro cans grandísimos que cando viron ó raposo botaron a correr detrás dél. O milmañas saleu correndo a fume de carozo e mentres, dende a ponla do piñeiro, o merliño decíalle.

            -¡Cóntalle o do decreto, chirrín-chin-chin, cóntalle o do decreto, chirrín-chin-chin!-

(Contado por Julio González Álvarez)

Imaxe

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s