PORQUE O CARACOL CHAMASE CARACOL


 PORQUE O CARACOL CHAMASE CARACOL

     Din que cando Deus fixo o mundo, pouco tempo despois encheuno de animais os que lle puxo nome para poder distinguilos, e seica quedou tan canso que díxolle a Pedro:

     – Pedro, vente conmigo o porral que vamos buscar unhas berzas para facer o caldo que apetéceme unha taciña despois de tanto traballo.

     Cando estaban chegando o porral viron un bicho que tiña cornos, os ollos na punta deles, levaba a casa ó lombo e deixaba trás súa un carreiro de prata brilante cara as coles para onde iba comer.

     Deus mirou pro animaliño e preguntoulle a Pedro.

     – Pedro, como é que se chama ese animaliño que xa non me lembro.

     Pedro mirou o albume das fotos onde tiña a todos os animais e atopouno, pero non tiña nome aínda, esquecérase de  poñerllo.

     – Pois non lle puxemos nome ainda Señor, pero digo eu que xa que vai cara as coles, pois podemos chamarlle “Caracol”.

     – Entón que así sexa, dixo Deus dirixíndose o bichiño. A partires de agora, chamaraste caracol.

     E ó caracol, pensou pros seus adentros:

     – Menos mal que iba cara as coles e nón cara os allos.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s