ROMANCE DE GHILLERMO E PEPIÑA


ROMANCE DE GHILLERMO E PEPIÑA

 

Voulles contar unha historia, xa que da lugar e tempo,

dun vello moi arriscado, tratando do casamento.

 

Era un vello setentón, que de nome tiña Ghillermo,

tentaba buscar no vrao, unha muller pro inverno.

 

Acordouselle unha moza, de alo menos trinta anos,

que vivia sola na casa, cunha vaca e dous cabalos.

 

Mais o domingo siguiente, púxose de traxe fino,

cando foi ve-la rapaza, montado no seu pollino.

 

Entrou, diu as boas noites, -Felices. Lle contestou.

Deixou o pollino á porta, e a xunto da moza entrou.

 

Que bonita estás Pepiña, quen che me dera poder,

darche un bico e un abrazo, para saber que eres muller.

 

E usté non sabe Ghillermo, que é cousa  vergonzosa,

un vello, xa acabado, darlle bicos a unha moza.

 

Non seas tola Pepiña, que os vellos tamén fan nenos,

e eu si me xunto contigo, dou palabra de facelos.

 

Asús, que demo de vello, parece que lle deu forte,

por mais que estas iluxións, son costume xa de morte.

 

Non penso morrer tan pronto, non me desprecies, Pepiña,

que anque son un pouco vello, ainda che frejo a barriga.

 

Un vello tan arriscado, non o vin na miña vida,

¿Quen vai facer tal cousa, sin ter a forza perdida?

 

Ghillermo, xa de enfadado, foi e agarroulle unha teta,

e non quedando conforme, botoulle unha rebrinqueta.

 

Pepa sin ver que decir, topouse tan sorprendida,

ver aquel vello ben tolo, brincando de abaixo arriba.

 

Xa podes contar de fixo, dixolle o tolo  Ghillermo,

de que tei de poñer de xeito, pra que ardas no inverno.

 

Pepiña veuse vencida, pronto rompeu a chorar,

e Ghillermo moi mansiño, empezouna a consolar.

 

Non chores Pepa, non chores, o meu lado non teñas pena,

que se me queres de veras, cásome contigo, nena.

 

Querereino por marido, si sabe corresponder,

e si se casa conmigo, ben coidado que o ei de ter.

 

Guillermo con moito amor, doulle un bico e un abrazo,

E dixo: Xa que me queres, nunca con outra me caso.

 

Seguiron moi animados, movendose de abaixo arriba,

tres meses e tres semanas, sin parar siquera un día.

 

E o día tres de setiembre, casáronse no convento

e pola noite notou Ghillermo, que lle cansaba o instrumento.

 

Os tres días de casados, entroulle unha agonía.

Entroulle o día nove a noite, e morreu pro outro día.

 

Morreu Ghillermo, morreu, Pepa a gusto quedou logo,

sin traza de ter familia, e cos cartos para un novo.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s