O CU DOS CANS


O CÚ DOS CANS

       Din que a parroquia de Cans no concello do Porriño, chámase así porque noutro tempo seica había moitos cans alí.

       E contan os vellos do lugar que fai xá moitos anos, e na parroquia da Graña había unha cadela moi fermosa que andaba buscando mozo.

       Xuntáronse todos os cans de Cans para ir a conquistala, e puxéronse ó camiño nunha noite de lúa chea. Cando levaban algún tempo camiñando, toparon cun can de outra parroquia veciña que o saber  a onde iban avisounos de que no alto do monte había unha manda de lobos que non deixaban can vivo.

       Pero os cans, coas ganas que levaban de conquistar á cadela

non lle fixeron moito caso, e o que parecía mais valente de todos dixo:

       – Teño escoitado moitas veces que o que non ten cú, non ten medo, así que o que podemos facer é quitalo e deixalo aquí e cando veñamos de volta collémolo.

       E así fixeron, foron colgando cada ún o seu cú nas polas dun carballo e cando acabaron, seguiron camiño.

       Pero vai ti ver, que cando chegaron a cima do monte, apereceu diante deles a manda de lobos recachando uns dentes tan grandes, que mismo parecían os estadullos dun carro.

       Sin pensalo dúas veces, os cans meteron o rabo entre as pernas e zouparon monte abaixo a tanta velocidade que cando pasaron por debaixo do carballo onde colgaran os cús, cada un colleu o primeiro que atopou sin nin siquera mirar que fose o seu.

        E dende aquelas,o primeiro que fai un can cando se atopa con outro é cheirarlle o cú para mirar si é o del.

Imaxe

Foto de Mscotas.hola.com

Advertisements

3 thoughts on “O CU DOS CANS

  1. Eu sei outra versión que di que os cans reuníronse e firmaron un decreto onde decía que os cans gobernarían no mundo. Unha vez firmado encargáronlle a un déles que llo fora enseñar ó resto dos cans do mundo. Iste chegou a un regato e para cruzalo e que non se lle mollara o decreto decidíu metelo no cu. Cando estaba cruzando veu unha levada de auga que arrastro ó can non sabéndose nada dél. Foi dende aquela que tódolos cans do mundo, cando se ven, o primeiro que fan é buscar o decreto no cu do outro. E…… colorín colorado……

  2. Outro de decretos. Ía o raposo rabeado ca fame tentando de buscar algún bichiño incauto que levar pró bandullo, cando, de súpeto, viu un maerlo que estaba chirlando por riba da ponla dun piñeiro. Estivo atento un bo pouco escoitando o chiflar do paxaro ata que rematou. O raposo foise arrimando empregando tódalas mañas das que era coñecedor pra tentar de camelar ó formidable artista. Cando estaba debaixo do piñeiro díxolle ó merlo -véxote moi contento merlo. Impresionoume ise xeito que tés de cantar. Mágoa que eu sexa vello e o meu oído xa non oe todo o ben que oía cando era novo, ¿Por qué non vaixas e me cantas algunha desas melodías tan maravillosas que ti sabes eiquí a carón miña? ¡Heiche pagar ben pagado o teu traballo!- O merlo, que xa estaba de volta das intención do galupín mostroulle que xa sabía de cales eran asuas intencións -¡Non baixo, non oh! Ti o que queres é paparme- -¡Qué va, eso era antes! Agora firmouse un decreto onde di que está prohibido por ley que os animáis se papen os uns aos outros- Estaban nestas cando de repente veñen catro cans grandísimos que cando viron ó raposo botaron a correr detrás dél. O milmañas saleu correndo a fume de carozo e mentres, denden a ponla do piñeiro, o merliño decíalle -¡Cóntalle o do decreto, chirrín-chin-chin, cóntalle o do decreto, chirrín-chin-chin!-

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s