O RAPOSO E O GATO

 O RAPOSO E O GATO

          Alá cando os animais falaban, din que se xuntaron un día un gato e un raposo.

          Puxeronse a falar das mañas que teñen os animales pra defenderse dos seus depredadores.
– ¿Ti, cantas mañas sabes? -Díxolle o raposo ó gato.
– Eu, só sei unha. ¿E ti cantas sabes?
– Eu mil ou mais, que para eso son o animal mais astuto que Deus creou. -Contestou o raposo.
Nisto viron dous cans que viñan zoupando cara a eles. O gato subiu axiña a unha arbore que había o seu lado pero o raposo, non tivo onde agacharse e atraparono e matárono alí mismo.

          Cando marcharon os cans, o gato baixou do árbol e foi a onde  estaba ó raposo que tiña os dentes regañados, e mirando para él dixo:

– ¡Oe, mil mañas! ¿Ris ou regañas?