EU XUNGUIN OS MEUS BOICIÑOS


EU XUNGUÍN OS MEUS BOICIÑOS

-Eu xunguín os meus boiciños,

eu xunguín os meus boiciños,

oh leré, e fun con eles á arada,

e fun con eles á arada.

 

Cheguei ao medio da leira,

cheguei ao medio da leira,

oh leré, esquecéuseme a aguillada

esquecéuseme a aguillada.

 

Tornei volta e fun por ela,

tornei volta e fun por ela,

oh leré, encontrei porta pechada,

encontrei porta pechada.

 

Ábreme a porta, muller,

ábreme a porta, muller,

oh leré, que veño pola aguillada,

que veño pola aguillada.

 

-¿Como che hei de abrir a porta,

como che hei de abrir a porta,

oh leré, se estou facendo a colada,

se estou facendo a colada?

 

Alá el foi entrando,

alá el foi entrando,

oh leré, por onde el acostumbraba,

por onde el acostumbraba,

 

-¿Que é aquelo, muller,

que é aquelo, muller,

oh leré, que anda por baixo da cama,

que anda por baixo da cama?

 

-É o gato da veciña,

é o gato da veciña,

oh leré, que anda atrás da nosa gata,

que anda atrás da nosa gata.

 

Dáme a escupeta, muller,

dáme a escupeta, muller,

oh leré, que lle hei dar unha chumbrada,

que lle hei dar unha chumbrada.

 

Non fagas eso, meu home,

non fagas eso, meu home,

oh leré, que destruirás a casa,

que destruirás a casa.

 

-¿Que raio de gato é ise,

que raio de gato é ise,

oh leré, que ten a corona rapada,

que ten a corona rapada?

Imaxe

OUTRO REMATE DISTINTO

 

-É o gato do convento,

é o gato do convento,

lele, que anda atrás de nosa gata.

 

-Inda non vin gato negro,

inda non vin gato negro,

lele, que teña a coroa rapada.

 

Trai pra eiquí esa escopeta,

trai pra eiquí esa escopeta,

lele, tirareille unha tirada.

 

-Non fagas eso, meu home,

non fagas eso, meu home,

lele, que me encendera-la cama

 

  Imaxe

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s