ROMANCE DA ROSIÑA DO TANGUEIRO


ROMANCE DA ROSIÑA DO TANGUEIRO

 

A Rosiña do Tangueiro

era unha gran costureira,

un día estaba cosendo

no cuartiño da palleira.

 

Anselmo da Vilanova

era un mozo que ela tiña,

foise por tras de unha rexa

para mirar o que facía.

 

Rosiña estaba facendo

unhas brajas e un sostén,

cando se puxo a probalas

pra ver si lle estaban ben.

 

Ao ver tal cousa  o Anselmo

xa non se tiña de pe,

e dicelle, ¡¡ ai miña Rosa

que pernas tan blancas tes !!.

 

¡¡ Arrenejado sea o demo ¡!

-dixo asustada Rosiña-

sempre me andas asustando

mala sarna te persiga.

 

Xa te me pos colorada,

moi vergonzosa pareces,

pois non te asustes Rosiña,

que ainda chas hei ver mais veces.

 

En canto este solteiriña,

xa te podes convencer,

que anque te volvas toliño

non mas has volver a ver.

 

Selmo non tiña pensado,

de casarse coa rapaza,

porque non lle tiñan dote,

nin lla querían na casa.

 

Así que lle viu as pernas,

cambiou de parecer.

¡¡Que dote mais que demonios,

o que vale é ter muller!!

 

I o día tres de Sitiembre,

nunha capilla do anexo,

por un sí que dou Anselmo,

entrou libre e saíu preso.

 

Cando saliron da Igrexa,

díxolle o cura ó Anselmo:

Agora xa tés quen che quente,

as canelas no inverno.

 

Falta me fai señor cura,

moito lle teño sofrido,

dormir solo no inverno,

e bo para morrer de frio.

 

E contestoulle a Rosiña,

dende a porta, enfadada,

pois a ustede, señor cura,

tamén llas quenta a criada.

 

Tiveron unha gran voda,

o estilo daquel lugar,

chamaron ós convidados

e ós gaiteiros pra tocar.

 

Bailaron a muiñeira,

fóronse co sol pra cama,

se Anselmo o facía ben,

Rosa seica lle ganaba.

 

Alá pola media noite,

anselmo quedou dormido,

e díxolle a Rosiña:

despertate meu marido.

 

Tantas ganas que me tiñas,

xa paraches meu danzante,

cando hoxe estás cansado

que farás pra mais adiante.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s