AMIGUIÑOS SI PERO…


AMIGUIÑOS SI PERO…

     Había unha vez dous mozos que naceran na misma aldea, polo que se criaron xuntos e xuntos foron a escola e xogaron de cativos.

     Cando se fixeron mozos, traballaron tamén xuntos na Fábrica do Gas, ate que esta pechou debido a entrada da electricidade nas aldeas. O quedar sin traballo andiveron ó xornal compartindo esforzos e duros traballos, por eso chegou o día en que un deles quixo probar sorte coa emigración, e anque non lle gustaba moito a idea, marchou pra Bós Aires.

     Pasaron os anos e un día, como tantos outros, volveu probe coma as arañas e con moi pouca saúde. Preguntou polo seu amigo, e dixéronlle que vivia ben, que traballaba na vila vendendo castañas asadas na temporada delas e que só con eso tiña para pasar desafogadamente o resto do ano nunha casiña que fixera. Tamén lle dixeron que si queria velo estaba diante da oficina bancaria que había na Praza Maior do pobo pois alí estaba o seu posto de asador de castañas e que semellaba a unha máquina do tren.

     Achegouse alí. Mirouno e viu que seguía coma sempre. Tiña moita xente agardando para mercarlle un cartuchiño das castañas que  soltaban un arrecendo por toda a praza, que ate a él lle entraron ganas de comer algunhas.

     Cando se viron, déronse unha forte aperta, riron, comeron castañas e lembraron os tempos da Fábrica do Gas. Cando xa levaban un bó tempo de palique díxolle ó seu amigo:

     – Pois xa ves, non me foi moi ben polas Américas estes anos,  e mismo veño algo enfermo e contando de me recuperar e seguir traballando namentras o corpo aguante.

     – Ai home. Pois eu aquí che estou, diante do Banco e atendendo o meu negocio das castañas. Hai días que non dou feito, vivo sin luxos pero folgadamente, pero este negocio por desgraza, non da pra dous. De todos os xeitos e si te ves necesitado…

     – Xustamente a eso viña, a ver si me podías prestar algo.

     – Pois síntocho ben home. Pero teño un trato feito coa Oficina Bancaria e que non podo romper: “Nin eu podo prestar cartos, nin eles poden asar castañas”

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s