A MORTE DA BURRA DE MANUEL DO CAMPO


A MORTE DA BURRA DE MANUEL DO CAMPO

Escribamos todos,

en papel en blanco,

que morreu a burra,

de Manuel do Campo

 

E Manuel do Campo,

non sabía nada,

c’a pobre da burra,

xa estaba matada.

 

E dixo Delores

-Eu xa o sabía,

se non fose ladrona,

¡¡ ainda non morría !!

 

E ainda non morría,

eu alá non vou,

que viña dos prados,

que hai en Palmou.

 

E morreu a burra,

miña compañeira,

quen che me ha levar-e,

agora pra feira.

 

Agora pra feira,

teño boas patas,

quen che me á traire,

agora as patacas.

 

Agora as patacas

non me dan coidado,

e pa trae-lo viño,

levarei o carro

 

A burra de morta,

volveu a falar-e,

¡¡ Quien che traia o viño

non che á de faltar-e !!

 

Recachou o rabo,

regañou un dente,

e dixolle ó seu amo:

¡¡ Adeus meu parente !!.

(Este cantar, é un engadido do ·”Romance de Manuel do Campo”)

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s